Río Severn
O río Severn (do inglés: River Severn, en galés: Afon Hafren, en latín: Sabrina) é o río máis longo de Gran Bretaña con 354 quilómetros de lonxitude.
Río Severn | |
---|---|
País | Gales e Inglaterra |
Nacemento | Plynlimon, Ceredigion, Gales |
Altitude | 610 msnm |
Lonxitude | 354 km |
Conca | 11.420 km² |
Caudal medio | 61,17 m³/s |
Desembocadura | Canal de Bristol (océano Atlántico) |
![]() | |
Curso e afluentes do río Severn | |
O río nace a 610 msnm no monte galesa de Plynlimon, no condado de Ceredigion. Corre por catro pobos do condado Powys: Llanidloes, Caersws, Newtown e Welshpool antes de entrar en Inglaterra. Brevemente, o Severn é a fronteira entre Gales e o condado inglés de Shropshire.
Atravesa a capital de Shropshire, Shrewsbury, e logo a vila de Telford, onde se atopa a primeira ponte de ferro fundido, o Ironbridge. Máis ao sur o Severn pasa por Bridgnorth antes de entrar no condado de Worcestershire. No norte de Worcestershire a vila de Stourport on Severn leva o seu nome. Tras Stourport o río pasa pola capital do condado, Worcester e dá o seu nome á pequena localidade de Upton on Severn. Cando entra no condado de Gloucestershire, pasa a carón de Tewkesbury, e despois pola capital condal Gloucester. O Severn desemboca na canle de Bristol a través do seu estuario no suroeste de Inglaterra. O quinto río máis longo do Reino Unido, o río Wye, desauga á dereita da boca d estuario do Severn, así como tamén o río Usk e, pola ribeira esquerda, faino o río Avon (Avon de Bristol).
O seu principal afluente é o río Avon, o décimo cuarto río máis longo do Reino Unido.
TributariosEditar
Os principais afluentes do río Severn son os seguintes (ordenados):
- río Vyrnwy, pola esquerda, cunha lonxitude de 64 km que discorre por Gales e Inglaterra;
- río Tern, pola esquerda, de 48 km e que discorre por Inglaterra;
- río Teme, pola dereita, de 130 km e que discorre por Gales e Inglaterra;
- río Avon, pola esquerda, de 136 km e que discorre por Inglaterra;
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Severn |