Escarlatina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
A escarlatina[1] é unha doenza infecciosa causada polo estreptococo beta hemolítico do grupo A (Streptococcus pyogenes), que atinxe principalmente aos nenos, sendo a bacteria sensíbel á penicilina, entre outros antibióticos. A escarlatina é case sempre unha complicación da amigdalite/farinxite estreptocócica, aparecendo cerca de dous días logo do inicio dos síntomas desta.
Escarlatina | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Eritemas provocadas na pel pola febre escarlata | |
ICD-10 | A38 |
ICD-9 | 034 |
DiseasesDB | 29032 |
MedlinePlus | 000974 |
eMedicine | derm/383 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As persoas infectadas polo axente, na maioría das veces, teñen febre e dores na gorxa (odinofaxia), o que dificulta a inxestión de alimentos. A pel sofre alteracións visíbeis, como escamación e arroibamento.
Caracterízase por eritemas (arroibamento cutáneo) que se espallan a partir dun punto no corpo, deixando as palmas das mans e dos pés e a rexión darredor da boca inalteradas. A lingua, inicialmente, é amarela debido á inflamación, mais despois escama e se torna vermello viva, con aparencia dun amorodo. Nalgúns casos, a lingua fica con bóchegas pequenas.
A súa transmisión acontece a través da saliva, por vía nasal, tose, espirros e respiración ou aínda a través do contacto con vestiario e obxectos contaminados.
O tratamento faise a través da administración de antibióticos, constituíndo a penicilina, aínda hoxe, o fármaco de primeira liña, dada a ausencia de resistencia documentada.
Non sendo debidamente tratada, poderán ocorrer hemorraxias no estómago, no bazo e no intestino. Alén da posibilidade de ocorreren convulsións, inflamación nos riles, infección nos tímpanos, dores fortes nas articulacións e problemas cardiovasculares.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Escarlatina.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escarlatina |
Bibliografía
editar- AAVV (2002). Diccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. p. 275. ISBN 84-453-3371-2.