Jerry Coyne
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 0 segundos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Jerry Allen Coyne, nao o 30mde decembro de 1949,[1][2] é un biólogo estadounidense e un escéptico coñecido polo seu traballo sobre especiación e os seus comentarios sobre o deseño intelixente. É profesor emérito da Universidade de Chicago no Departamento de Ecoloxía e Evolución, e publicou numerosos artigos sobre a teoría da evolución. Centrouse especialmente no estudo da especiación e a xenética ecolóxica e evolutiva, especialmente na da mosca do vinagre Drosophila.[3] En 2023 converteuse en membro do Comité para a Investigación Escéptica.[4]
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1949 ![]() St. Louis, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Chicago ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Relixión | Ateísmo ![]() |
Educación | Universidade Harvard The College of William and Mary ![]() |
Director de tese | Richard Lewontin (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ecoloxía ![]() |
Ocupación | biólogo , xenetista , escritor , profesor universitario , ecoloxista ![]() |
Empregador | Universidade de Chicago ![]() |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | H. Allen Orr (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
Páxina web | whyevolutionistrue.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
É o autor do libro de texto Speciation[5] e do libro de non ficción superventas Why Evolution Is True.[6][7] Coyne mantén unha páxina web e escribe no seu blog, que tamén se chama Why Evolution Is True.[8] É un determinista duro.[9]
Coyne chamou a atención fóra da comunidade científica como crítico público da relixión. Como propoñente do Novo Ateísmo,[10] é citado a miúdo xunto cos ateos como Richard Dawkins e Sam Harris. É autor do libro Faith Versus Fact.[11][12]
Primeiros anos e educación
editarJerry Allen Coyne naceu o 30 de decembro de 1949 de pais xudeus.[1][13] Graduouse en bioloxía (B.S.) no College of William & Mary en 1971.[Cómpre referencia] Segundo Coyne, cando estaba no college, participou no activismo contra o apartheid e propestou contra a guerra do Vietnam.[11] O seu traballo de graduado na Universidade Rockefeller baixo a dirección de Theodosius Dobzhansky quedou interrompido cando foi recrutado.[Cómpre clarificar] Obtivo un doutoramento (Ph.D.) en bioloxía na Universidade Harvard en 1978, estudando baixo a dirección de Richard Lewontin, e conseguiu unha bolsa para facer traballos posdoutorais na Universidade de California, Davis, con Timothy Prout.[Cómpre referencia]
Traxectoria
editarCoyne obtivo unha bolsa Guggenheim en 1988.[14] Foi elixido membro da Academia Americana das Artes e Ciencias en 2007.[15] Recibiu o Premio o Emperador non vai vestido da Fundación para a Liberdade da Relixión en 2011.[16]
Coyne foi vicepresidente (1996) e presidente (2011) da Sociedade para o Estudo da Evolución. Foi editor asociado das publicacións Evolution (1985–1988; 1994–2000) e The American Naturalist (1990–1993). Ensinou bioloxía evolutiva, especiación, análise xenética, asuntos sociais e coñecemento científico, escritura e discurso científico.[Cómpre referencia] Considera que a bioloxía evolutiva é "... máis como as belas artes da ciencia, porque é bastante satisfactoria esteticamente, pero tamén casualmente é verdadeira, o cal é un bonus extra."[11]
Os seus artigos publicáronse en revistas científicas como Nature e Science, e tamén en prensa de noticias e revistas como The New York Times, o Times Literary Supplement e The New Republic. Os seus intereses na investigación inclúen a xenética de poboacións e evolutiva, a especiación, a xenética cuantitativa e ecolóxica, a evolución dos cromosomas e a competición dos espermatozoides.
Coyne foi consultor da defensa durante o xuízo a O. J. Simpson por asasinato e expresou a súa preocupación de que as evidencias de ADN que implicaban a Simpson fosen defectuosas.[17] En 2024, pouco despois da morte de Simpson, Coyne dixo que pensaba que Simpson era "culpable como o demo" e que o veredito era "un erro xudicial en gran parte debido á incompetencia do fiscal", o que causou que el rexeitase posteriores peticións para declarar como perito.[18]
Nunha crítica de 1996 da teoría creacionista do deseño intelixente, Coyne escribiu nun artigo de New Republic sobre Of Pandas and People (unha recensión do libro), que empezaba o que ía ser unha longa historia de artigos sobre evolución e creacionismo.[19]
A ra ecuatoriana Atelopus coynei recibe o seu nome en honra a Coyne, que recolleu o holotipo nun pantano nunha excursión para buscar ras no oeste de Ecuador cando era estudante a finais da década de 1970.[20]
Conviccións
editarCríticas ao creacionismo
editarCoyne é un crítico do creacionismo, da evolución teísta e do deseño intelixente, ao cal chama "as última encarnación do creacionismo relixioso pseudocientífico, intelixentemente manufacturado por un novo grupo de entusiastas que sortean as recentes restricións legais."[21][22][23][24]
Coyne enumera as seguintes evidencias da evolución, como detalla no seu libro Why Evolution Is True e noutros lugares:[25]
- Reistro fósil
- Embrioloxía
- Bioloxía molecular
- Presenza de órganos vestixiais
- Bioxeografía
- Similitude nas secuencias de ADN entre especies que tamén se observa como un cambio dependente do tempo no chamado ADN lixo ou non codificante.
Os fósiles transicionais proporcionan boas evidencias da evolución.[26] Charles Darwin predixo a existencia deses fósiles en 1859, e entre os que de identificaron posteriormente están:[25]
- Tiktaalik (transición entre peixes e anfibios)
- Ichthyostega (transición entre anfibios e réptiles)
- Réptiles mamalianos (non clasificados nin como réptiles nin como mamíferos)
- Archaeopteryx (transición entre réptiles e aves)
- Ambulocetus (transición entre os mamíferos terrestres e as baleas) e toda unha serie de fósiles intermedios.
- Primeiros fósiles humanos con cranios simiescos.
As evidencia inclúen tanto os fósiles transicionais coma as súas aparicións no rexistro fósil nas épocas correspondentes entre os supostos antepasados e os seus parentes máis modernos.[25]
Ateísmo e escepticismo
editarCoyne considérase a si mesmo como un xudeu secular,[13] e abertamente antiteísta. Como partidario do Novo Ateísmo,[10] a miúdo cítase como ateo como Richard Dawkins e Sam Harris.[Cómpre referencia] Apoia as teses do naturalismo metafísico e a tese do conflito.[Cómpre referencia] Afirma que a relixión e a ciencia son fundamentalmente incompatibles, que só a aavaliación racional das evidencias pode descubrir con fiabilidade o mundo e a forma en que funciona e que os científicos que manteñen ideas relixiosas só reflicten a idea de "que as persoas poden manter dúas nocións conflitivas nas súas cabezas e ao mesmo tempo" (disonancia cognitiva). Argumentou que a incompatibilidade da ciencia e a fe está baseada nas irreconciliables difernzas en metodoloxía, filosofía e resultados cando tratsan de discernir verdades sobre o Universo.[27]
Coyne ten unha páxina web en formato de blog titulada Why Evolution Is True.[28] O 10 de xaneiro de 2023, tiña 73.000 subscritores.[29] No blog cobre temas que van desde a ciencia, ética médica, ateísmo, determinismo, filosofía e libre expresión.[11]
Coyne é partidario do escepticismo, e afirmou que "todos os procesos científicos requiren un clima de forte escepticismo."[30] Parricipou en foros públicos e debates con teístas.
Coyne critica os creacionists que pareen pechados de mente ao aterse a intgerpretacións literais da Biblia. Cuestiona o concepto de creacionismo de que os animais diverxeron só dentro de tipos (kinds), o que é en si mesmo unha aceptación de intermediarios transicionais entre grupos moi diferentes (é dicir, baleas e os seus parentes tgerrestres, por exemplo) atopados ao longo do rexistro fósil.[31] Nun artigo en New Republic, Coyne escribiu que "temos moitos exemplos de fósiles transicionais entre o que calquera consideraría distintos tipos: peixes e anfibios (como Tiktaalik, o can mencionou Nye), entre anfibios e réptiles, entre réptiles e mamíferos, entre réptiles e aves, entre animais terrestres e baleas, e, por suposto, entre o humanos antigos e modernos, con fósiles temperáns que mostran unha intermediación entre as características doa devanceiroa similares a simios e os humanos modernos."[31] Coyne cre que ambas partes neses debates entre evolucionisas e creacionistas dea Terra xove poderían beneficiase dunha mellor comprensión do rexistro fósil e das ferramentas modernas como a datación isócrona. Considera que a incapacidade dos creacionistas de enfrontarse a estes temas completament suxire que a "relixión pode evelenar a nosa mente tan profundamente que queda inmunizada contra a verdade real sobre o cosmos."[31]
Afirmou que el cre na liberdade de expresión para todos e non gosta de ver os un iversitarios suprimir radore, como Steve Bannon, a causa das protestas, dicindo "eu non podo pensar de ningunha persoa pola que eu instase á Universidade para que a desenvitase. Ni unha soa persoa – nin un racista branco, nin unha persoa antiinmigración. A liberdade de expresión ten que defender á xente máis odiosa."[11]
Determinismo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Coyne, Jerry (30 de decembro de 2019). "Monday: Hili dialogue (and Leon monologue)". Why Evolution is True, WordPress. Consultado o 9 de decembro de 2020.
Notables nacidos neste día son: [...] 1949 – Jerry Coyne, biólogo evolutivo xubilado, o noso hóspede.
- ↑ Garg, Anu (30 de decembro de 2019). "Humdinger". A.Word.A.Day, Wordsmith.org. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ "Jerry Coyne". Edge.org. 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Committee for Skeptical Inquiry Elects Twelve New CSI Fellows". centerforinquiry.net. Center for Inquiry. Consultado o 21 de decembro de 2023.
- ↑ Coyne, Jerry A.; Orr, H. Allen (2004). Speciation. Sinauer Associates, Incorporated Publishers. ISBN 978-0-87893-089-0.
- ↑ "Best Sellers Hardcover Nonfiction". The New York Times. Consultado o 22 de febreiro de 2014.
- ↑ Coyne, Jerry A. (22 de xaneiro de 2009). Why Evolution is True. Oxford University Press. pp. 8–. ISBN 978-0-19-164384-2. Consultado o 24 de xaneiro d 2014.
- ↑ Coyne, Jerry. "Why Evolution Is True". Jerry Coyne. Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
- ↑ List, Christian (6 de febreiro de 2020). "Science Hasn't Refuted Free Will". Boston Review (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 Berezow, Alex. "Jerry Coyne's Twisted History of Science and Religion". Forbes (en inglés). Consultado o 25 de novmbro de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Harris, Lee (14 febreiro de 2018). "Meet Jerry Coyne, the University's Most Prolific and Provocative Emeritus Blogger". The Chicago Maroon. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
- ↑ Coyne, Jerry A. (2015). Faith versus Fact: Why Science and Religion Are Incompatible. Viking Press. p. 311. ISBN 978-0-670-02653-1.
- ↑ 13,0 13,1 Coyne, Jerry (12 de abril de 2013). "Stupid religious rule #11734, and a note on my ancestry". whyevolutionistrue.com. Jerry Coyne. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ "Jerry A. Coyne". John Simon Guggenheim Memorial Foundation. Consultado o 19 de xneiro de 2023.
- ↑ "Professor Jerry Allen Coyne". American Academy of Arts & Sciences. Consultado o 19 de xaneiro de 2023.
- ↑ Coyne, Jerry (2011). "Odd Couple Science and Religion Can't Cohabit". Freedom from Religion Foundation. Consultado o 8 de xuño de 2019.
- ↑ Newton, Jim; Rutten, Tim; Weinstein, Henry (May 14, 1995). "Simpson’s Team to Push DNA Data as ‘Irrelevant’". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2024. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ Coyne, Jerry (April 19, 2024). "John McWhorter: Some white Americans would applaud O. J. Simpson’s acquittal today, and that would show racial progress". Why Evolution is True. Arquivado dende o orixinal o April 20, 2024. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ Smith, Adrian A. "Episode 7 Jerry Coyne". Age of Discovery Podcast. Arquivado dende o orixinal o 4 de mazo de 2015. Consultado o February 3, 2014.
- ↑ Hogan, C. Michael (2013). "Atelopus coynei: Faisanes Stubfoot Toad". AmphibiaWeb. University of California, Berkeley. Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ Coyne, Jerry (February 12, 2009). "Why Evolution Is True". Forbes. Consultado o 20 de novembro de 2022.
- ↑ Coyne, Jerry (January 21, 2009). "Does the Empirical Nature of Science Contradict the Revelatory Nature of Faith?". Edge.org (Edge Foundation, Inc.). Consultado o 18 de agosto de 2014.
- ↑ "Jerry Coyne – The Case Against Intelligent Design". Point of Inquiry. Center for Inquiry. 16 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2014.
- ↑ Coyne, Jerry (1 de xullo de 2007). "The Faith that Dare Not Speak its Name" (PDF). The New Republic. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de marzo de 2020. Consultado o 29 de xullo 2007.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 Coyne, Jerry (2010). Why Evolution is True (second ed.). USA: Viking Penguin. p. 50. ISBN 978-0-14-311664-6.
- ↑ Andrews, Seth (12 de febreiro de 2014). "Why Evolution is True (with Dr. Jerry Coyne)". Consultado o 18 de febreiro de 2014.
- ↑ Coyne, Jerry A. (2016). "1". Faith vs. Fact (paperback ed.). Penguin Books. p. 5. ISBN 9780143108269.
Como mostrarei no próximo capítulo, a incompatibilidade [entre religion e ciencia] desansa nas diferenzas na metodoloxía e filosofía usada para determinar esas verdades, e nos resultados das súas investigacións.
- ↑ Coyne, Jerry (29 de novembro de 2012). "Ceci n'est pas un blog". whyevolutionistrue.com. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
- ↑ Coyne, Jerry (10 de xullo de 2021). "We hit 73,000". Why evolution is true. Consultado o 10 de xullo de 2021.
- ↑ Chopra, Deepak; Jerry A. Coyne (18i de novembro de 2013). "Deepak Chopra Responds to Pseudoscience Allegations. Jerry Coyne Fires Back.". The New Republic. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
- ↑ 31,0 31,1 31,2 Coyne, Jerry (5 de febreiro de 2014). "Bill Nye Won Last Night's Creationism Debate". The New Republic. Consultado o 5 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Coyne, Jerry A.; H. Allen Orr (30 de xuño de 2004). Speciation. Sinauer Associates Inc., Sunderland, Mass. ISBN 978-0-87893-089-0.
- Coyne, Jerry A. (22 de xaneiro de 2009). Why Evolution is True. Viking, New York (USA); Oxford University Press, Oxford (UK). ISBN 978-0-19-923084-6. OCLC 233549529.
- Coyne, Jerry A. (19 de maio de 2015). Faith vs. Fact: Why Science and Religion are Incompatible. Viking (USA); Penguin (UK). ISBN 978-0670026531.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jerry Coyne |
- Why Evolution is True
- Jerry Coyne na IMDb (en inglés).