Henry Walter Bates

Henry Walter Bates, nado en Leicester o 8 de febreiro de 1825 e finado en Londres o 16 de febreiro de 1892, foi un naturalista e explorador británico, famoso pola súa expedición ao Amazonas con Alfred Russel Wallace en 1848, en 1863 publica The Naturalist on the River Amazons.

Infotaula de personaHenry Walter Bates

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1825 Editar o valor em Wikidata
Leicester Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1892 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza respiratoria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de East Finchley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMimetismo e entomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , naturalista , botánico , coleccionista de plantas , entomólogo , zoólogo , ecoloxista , lepidopterólogo , coleccionista de animais Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBates Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFrederick Bates (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Henry Walter Bates.

Traxectoria editar

Wallace regresara a Europa en 1852, pero perdeu a súa colección nun naufraxio, cando Bates chegou sete anos despois, levaba 14 000 espécimes (a maioría insectos), dos que 8 000 eran novos para a ciencia.

En 1863 fornece a primeira confirmación da teoría da evolución de Charles Darwin ao publicar un artigo sobre a teoría do mimetismo, The imitation by a species of other life forms or inanimate objects, onde describe unha especie de bolboreta amazónica que evolúe para adoptar as cores doutra especie veciña á que non atacan os paxaros. Este tipo de mimetismo denominouse na súa honra mimetismo batesiano.