Peter J. Bowler

historiador irlandés


Peter J. Bowler, nado o 8 de outubro de 1944, [1] é un historiador da bioloxía e membro da Academia Británica que escribiu moitas obras sobre a historia do pensamento evolucionista, a historia da ciencias ambientais e a da xenética. O seu libro de 1984 Evolution: The History of an Idea é un libro de texo estándar da historia da evolución; unha edición do 25º aniversario saíu en 2009. O seu libro de 1983 The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolution Theories in the Decades Around 1900 describe (usando unha frase de Julian Huxley) a predominancia científica doutras teorías evolutivas que fixo que moitos autores minimizasen a importancia da selección natural a inicios do século XX, antes de que a xenética fose reconciliada coa selección natural na chamada síntese moderna.

Infotaula de personaPeter J. Bowler

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
President of the British Society for the History of Science (en) Traducir
2004 – 2005
← Janet Browne (pt) TraducirFrank James (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Universidade de Sussex
Universidade de Toronto
King's College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorQueen's University of Belfast (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enHistoria da bioloxía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1720126

Peter Bowler ten unha licenciatura (BA) da Universidade de Cambridge, e un máster (MSc) da Universidade de Sussex e un doutoramento (PhD) da Universidade de Toronto. Na década de 1970 ensinou na Escola de Humanidades, Universiti Sains Malaysia, Penang. Actualmente é profesor de historia da ciencia na Universidade da Raíña de Belfast, e foi elixido membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia e membro correspondente da Academia Internacional de Historia das Ciencias. Foi presidente da Sociedade Británica para a Historia da Ciencia de 2004 a 2006.[2]

Os seus intereses actuais son o desenvolvemento e implicacións do darwinismo, a historia das ciencias ambientais, a ciencia e a relixión (especialmente no século XX), e escritos de divulgación científica. As súas investigacións actuais céntranse na produción de literatura divulgativa científica a inicios do século XX en Gran Bretaña, con énfase especial no papel exercido polos científicos profesionais.[2] Bowler discute os intentos dos científicos vitorianos de promover a ciencia para que o público a comprendese e incrementar a accesibilidade das obras de divulgación científica.[3]

Bowler criticou o creacionismo en Irlanda do Norte. Fixo moitas aparicións na radio local, incluíndo entrevistas con William Crawley nos programas da BBC Radio Ulster TalkBack e Sunday Sequence; alí el defendeu a evolución e subliñou a natureza non científica do creacionismo.[4][5]

Publicacións

editar
  • Fossils and Progress: Palaeontology and the Idea of Progressive Evolution in the Nineteenth Century (1976) ISBN 0882020439
  • Theories of Human Evolution: A Century of Debate, 1844–1944 (Wiley-Blackwell 1987)
  • The Mendelian Revolution: The Emergence of Hereditarian Concepts in Modern Science and Society (Continuum International, Athlone, 1989)[6]
  • The Invention of Progress: Victorians and the Past (Wiley-Blackwell, 1989)
  • The Non-Darwinian Revolution: Reinterpreting a Historical Myth (Johns Hopkins University Press, New Edition, 1988)[7]
  • The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolution Theories in the Decades Around 1900 (Johns Hopkins University Press, 1983)
  • The Fontana History of the Environmental Sciences (Fontana Press, 1992)
  • Biology and Social Thought: 1850–1914 : Five Lectures Delivered at the International Summer School in History of Science Uppsala, July 1990 (Univ of California, 1993)
  • Charles Darwin: the man and his influence (Cambridge, 1996).
  • Life's splendid drama: evolutionary biology and the reconstruction of life’s ancestry, 1860–1940 (Chicago, 1996).
  • Reconciling science and religion: the debate in early twentieth-century Britain (Chicago, 2001).
  • "The spectre of Darwinism: popular images of Darwinism in early twentieth-century Britain" in Abigail Lustig, Robert J. Richards and Michael Ruse (eds), Darwinian Heresies (Cambridge, 2004) ISBN 9780521815161.
  • (With I.R. Morus) Making modern science: a historical survey (Chicago, 2005).
  • 'Experts and publishers: writing popular science in early twentieth-century Britain' in British Journal for the History of Science, xxxix (2006).
  • Monkey Trials and Gorilla Sermons; Evolution and Christianity from Darwin to Intelligent Design (Harvard University Press, 2007) ISBN 9780674032200.
  • 'Darwin's Originality', in Science (9 de xaneiro de 2009: Vol. 323. no. 5911, pp. 223 – 226) doi 10.1126/science.1160332[8]
  • Evolution: the history of an idea (4th ed., California, 2009, ISBN 0520261283).
  • Science for All: The Popularization of Science in Early Twentieth-Century Britain (Chicago, 2009).
  • Q&A Darwin: Off the Record (with foreword by Richard Dawkins) (Duncan Baird, 2010).
  • Darwin Deleted: Imagining a World Without Darwin (University of Chicago Press, 2013). ISBN 0226068676
  • A History of the Future: Prophets of Progress from H. G. Wells to Asimov (Cambridge University Press, 2017) ISBN 978-1316602621
  1. BOWLER, Prof. Peter John, Who's Who 2015, A & C Black, 2015; online edn, Oxford University Press, 2014
  2. 2,0 2,1 Peter Bowler's QUB staff page Arquivado 1 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
  3. PJ Bowler Science For All, Chicago Univ Press 2009 Arquivado 4 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
  4. BBC Radio Ulster TalkBack, emisión do 15 de setembro de 2008
  5. BBC Radio Ulster Sunday Sequence, emisión do 2 de decembro de 2007
  6. Churchill, Frederick B. (xaneiro de 1990). "The Mendelian Revolution. The Emergence of Hereditarian Concepts in Modern Science and Society. Peter J. Bowler. Johns Hopkins University Press, Baltimore, 1989.". Science 247 (4940): 348–349. Bibcode:1990Sci...247..348B. PMID 17735857. doi:10.1126/science.247.4940.348. 
  7. Hodge, M. J. S. (1990). "Review of The Non-Darwinian Revolution: Reinterpreting a Historical Myth". The British Journal for the History of Science 23 (3): 332–334. JSTOR 4026758. doi:10.1017/s0007087400044010. 
  8. Darwin's Originality, in Science, 9 de xaneiro de 2009

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar