Douglas Adams
Douglas Noël Adams, tamén coñecido como Bop Ad ou Bob pola súa firma ilexíbel ou polas súas iniciais DNA, nado en Cambridge o 11 de marzo de 1952 e finado en Santa Barbara, California, o 11 de maio do 2001, foi escritor e guionista para radio. Traballou na Radio BBC, sendo o seu libro Guía do autostopista galáctico, un bestseller no Reino Unido en 1984. Faleceu inesperadamente dun ataque cardíaco .
Traxectoria
editarO seu traballo máis coñecido é a Guía do autostopista galáctico unha comedia para a radio, que sería transmitida por primeira vez en 1978 por BBC Radio 4 no Reino Unido que despois sería publicada como unha serie de cinco libros nunha versión editada e estendida.
Morreu dun infarto cardíaco nun ximnasio no 2001 e na súa memoria o 25 de maio é coñecido como o Día da Toalla en Londres.
Obras
editarDoutor Who
editarAntes de escribir a serie da Guía do autostopista galáctico, Adams traballou na BBC como guionista e escribiu tres libros para a serie Doutor Who:
- The Pirate Planet
- Shada
- City Of Death
Guía do Autostopista Galáctico
editar- Guía do Autostopista Galáctico (1979)
- O Restaurante do Fin do Mundo (1980 - Título orixinal "The Restaurant at the End of the Universe")
- A Vida, o Universo e Todo o Demais (1982 - Título orixinal "Life, the Universe and Everything")
- Ata Logo, e Grazas polo Peixe (1984 - Título orixinal "So Long, and Thanks for All the Fish")
- Informe sobre a Terra: Fundamentalmente inofensiva (1992 - Título orixinal "Mostly Harmless")
Dirk Gently
editar- Dirk Gently - Axencia de Investigacións Holísticas (1987 - Título orixinal "Dirk Gently's Holistic Detective Agency")
- "The Long Dark Teatime of the Soul")
- "The Salmon of Doubt")
Outras obras
editar- The Meaning of Liff (1983, con John Lloyd)
- The Hitchhiker's Guide to the Galaxy: The Original Radio Scripts (1985, con Geoffrey Perkins)
- The Utterly Utterly Merry Comic Relief Christmas Book (1986, editada por Douglas Adams e Peter Fincham), que inclúe
- Young Zaphod Plays it Safe
- "The Private Life of Genghis Khan"
- "A Christmas Fairly Story" (sic) por Douglas Adams e Terry Jones
- A "Supplement to The Meaning of Liff" con John Lloyd e Stephen Fry
- The Deeper Meaning of Liff (1990, con John Lloyd; versión estendida de The Meaning of Liff)
- Last Chance to See (1991, con Mark Carwardine
- Douglas Adams's Starship Titanic (escrito por Terry Jones (quen afirma que escribiu todo o libro estando espido), baseado nunha idea de Douglas Adams
- The Salmon of Doubt (2002)
A Galicitas posúe citas sobre: Douglas Adams |