Abba Eban

Abba Eban (אבא אבן) (nado como Aubrey Solomon Eban en Cidade do Cabo o 2 de febreiro de 1915 - 17 de novembro do 2002) foi un político e diplomático israelí.

Abba Eban
AbbaEban1951.jpg
Nacemento2 de febreiro de 1915
 Cidade do Cabo
Falecemento17 de novembro de 2002
 Tel Aviv
NacionalidadeIsrael
Alma máterPembroke College (Cambridge), Queens' College, Cambridge, Universidade de Cambridge e St Olave's and St Saviour's Grammar School
Ocupaciónpolítico, diplomático, escritor e historiador
CónxuxeSuzy Eban
PremiosPrêmio Israel
Abba Eban signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Eban residiu en Inglaterra dende a infancia, estudou en Cambridge, e serviu co exército británico durante a Segunda Guerra Mundial, realizando misións de enlace entre os aliados e os Yishuv de Palestina, onde se estableceu despois da guerra.

Logo da creación do Estado de Israel foi o primeiro representante israelí na ONU e embaixador israelí nos Estados Unidos. Entre 1966 e 1974 foi o ministro de exteriores de Israel, defendendo o país durante a Guerra dos seis días, malia iso foi un dos valedores da devolución de territorios a cambio de paz.

En 1988, despois de tres décadas na Knesset, perdeu o seu escano a causa das divisións internas no Partido Laborista