Peter Phillips
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Peter Mark Andrew Phillips, nado o 15 de novembro de 1977, é o primeiro fillo e único varón de Ana do Reino Unido e do seu primeiro esposo, Mark Phillips. É décimo cuarto na liña de sucesión ao trono.
Peter Phillips | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Peter Mark Andrew Phillips |
Nacemento | 15 de novembro de 1977 Hospital St Mary, Londres, Inglaterra ![]() |
Cónxuxe/s | Autumn Patricia Kelly (matr. 2008) |
Descendencia | |
Casa real | Casa de Windsor |
Proxenitores | Mark Anthony Phillips Ana do Reino Unido |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Traxectoria editar
É o neto máis vello da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe de Edimburgo. Phillips non goza dun título ou estilo real por decisión dos seus pais. A súa irmá máis nova, Zara Phillips tampouco goza destes. Despois de graduarse na universidade no ano 2000, traballou para Jaguar Racing, seguido por Williams F1. Phillips ten un baixo perfil público, con ningún servizo ou deber real. Actualmente traballa no banco de Escocia.
Matrimonio e descendencia editar
Mentres traballaba para Williams F1 no Canadá no 2003, coñeceu a Autumn Patricia Kelly, coa que casou na Capela de San Xurxo no 2008.
Viven xuntos en Gatcombe Park, Glocestershire coas súas fillas:
- Savannah Phillips (nada o 29 de decembro de 2010). Primeira bisneta de Isabel II do Reino Unido.
- Isla Phillips (nada o 29 de marzo de 2012).