QWERTY
O teclado QWERTY é unha distribución de teclado, a máis común actualmente. Foi deseñado e patentado por Cristopher Sholes en 1868 e vendido a empresa Remington en 1873.
Ao mirar o teclado da computadora vese que a primeira secuencia de letras é QWERTY. Esta secuencia é pola que se coñece popularmente esta disposición do teclado. A resposta a esta orde aparentemente caótica está nas primeiras máquinas de escribir.
As máquinas de escribir mecánicas accionaban un pequeno martelo (que imprimía a letra correspondente) ao pulsar cada tecla. Se se pulsaban dúas ou máis teclas á vez, ou moi seguidas, os martelos chocaban uns contra outros, e a máquina atascábase. Por este motivo, xa as primeiras máquinas de escribir incorporaban este teclado, que está deseñado para minimizar as posibilidades de que isto se produza escribindo en inglés.
Ademais, esta distribución facilita que unha man se prepare para escribir a seguinte letra mentres a outra aínda está escribindo a anterior, permitindo escribir algo máis rápido.
Neste teclado, segundo a técnica de mecanografía máis difundida, en posición de repouso, catro dedos de cada man colócanse sobre a fila central de teclas. Para poder atopar esta posición sen ter que mirar o teclado, as teclas correspondentes aos dedos índice de cada man (F e J) adoitan ter algún trazo distintivo ao tacto.
Esta disposición de teclado foi levada aos teclados de computador para facilitar a entrada dos mesmos nas oficinas, desprazando ás máquinas de escribir. Desta forma, as persoas encargadas de mecanografar documentos seguían sabendo manexar os novos teclados.
Aínda que esta distribución é moi usada en todo o mundo, hai países (como Alemaña) que intercambian a tecla "E" e a tecla "Z". En Francia e Bélxica hai máis cambios e as primeiras 6 teclas alfabéticas teñen a secuencia AZERTY. No teclado español a letra Ñ colócase á dereita da letra L. No teclado portugués colócase a letra Ç á dereita da letra L.
Existen outras disposicións de teclado, baseadas en diferentes estudos científicos,[quen?] cuxos defensores alegan que son moito máis eficientes, aínda que a súa efectividade sexa discutible.
Talvez a máis coñecida destas distribucións de teclado alternativa sexa o Teclado Simplificado Dvorak, patentado por August Dvorak en 1936. Aínda que existen distribucións alternativas posiblemente máis efectivas, os defensores do teclado Dvorak mencionan como aspecto importante a comodidade ao escribir.
Dise que ten esa disposición xa que se podía escribir a palabra typewriter (máquina de escribir, en inglés) sen ter que saltar de liña. Independentemente da efectividade actual desta distribución de teclado comparada con outras, o certo é que a distribución QWERTY foi coidadosamente elixida para superar numerosas competicións de velocidade de escritura da época.
Disposicións de teclado
editarAZERTY: Existen as seguintes disposicións deste teclado:
- Francia
- Teclado francés. Deseñado para escribir principalmente en francés
- Bélxica
- Teclado belga : na década dos 80 créase esta variante sobre o francés, onde algúns símbolos cambian de posición (? ! - _ = §).
En países nos que se fala outro idioma ademais de francés úsanse outras distribucións de teclado, ata para escribir francés.
- Canadá
- Teclado francocanadense, QWERTY. Deseñado para escribir principalmente en francés, e tamén en inglés.
- Teclado canadense multilingüe, QWERTY. Deseñado para escribir principalmente en inglés e secundariamente en francés.
- Suíza
- Teclado francosuizo, QWERTZ. Deseñado para escribir principalmente en francés e tamén en alemán.
- Teclado suízo alemán, QWERTZ. Deseñado para escribir principalmente en alemán e tamén en francés
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: QWERTY |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Norma do Goberno de Quebec sobre teclados de computador Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en francés)
- The Dvorak Zine Historia detallada dos teclados QWERTY e Dvorak en forma de cómic.(en inglés)