O teclado AZERTY é unha distribución de teclado que se utiliza nalgúns países francófonos. Ten varias diferenzas co teclado QWERTY:

  • A e Q están intercambiadas.
  • Z e W están intercambiadas.
  • M móvese da dereita da N á dereita da L (no canto de coma/punto e coma (US) Diérese/acento (É) etc.).
  • Os díxitos 1-0 da fila superior ocupan as mesmas teclas, pero para escribilos debe pulsarse shift (maiúsculas). A posición por defecto úsase para mostrar vogais acentuadas en minúsculas.
Distribución de teclado AZERTY
AZERTY belga

O teclado francés AZERTY en Windows non cumpre cos estándares da lingua Francesa. A Imprimerie Nationale recomenda o uso de maiúsculas acentuadas, pero non hai teclas dedicadas para mostrar À Ç É È, ou as marcas de cita francesas «» e ?? (os procesadores de texto en francés maioritariamente converten a estes caracteres as comiñas dobres). Ademais ten símbolos, tanto en estado normal como premido de maiúsculas, que raramente se usan (por exemplo § µ 2), que poderían transferirse ao mapa de teclado con AltGr pulsado. Nun teclado US, a tecla á esquerda de 1 vén con acento grave / acuse ( ` / ) ( º / ª É, ` / ¬ UK), pero un AZERTY belga produce 2 / 3.

Disposicións de teclado

editar

Existen as seguintes disposicións de teclado AZERTY:

  • Teclado francés
  • Teclado belga : na década dos 80 créase esta variante sobre o francés, onde algúns símbolos cambian de posición (? ! - _ = §).

En países nos que se fala outro idioma ademais de francés úsanse outras distribucións de teclado, ata para escribir francés.

  • Canadá
    • Teclado francocanadense, QWERTY. Deseñado para escribir principalmente en francés, e tamén en inglés.
    • Teclado canadense multilingüe, QWERTY. Deseñado para escribir principalmente en inglés e secundariamente en francés.
  • Suíza
    • Teclado francosuizo, QWERTZ. Deseñado para escribir principalmente en francés e tamén en alemán.
    • Teclado suízo alemán, QWERTZ. Deseñado para escribir principalmente en alemán e tamén en francés

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar