Y
O Y (i grego) é unha letra do alfabeto latino coñecida como I graeca e que ten a súa orixe na letra ípsilon do alfabeto grego, utilizábase para transcribir palabras de orixe grega.
Aa | Bb | Cc | Dd | Ee | |||
Ff | Gg | Hh | Ii | Ll | |||
Mm | Nn | Ññ | Oo | Pp | |||
Rr | Ss | Tt | Uu | ||||
Vv | Xx | Zz | |||||
Utilización en lingua galega
editarEn galego utilizouse na época medieval[1], usouse no Rexurdimento, aínda que houbo voces que avogaban pola súa completa supresión, como Marcial Valladares[2] pero ao longo do século XIX e principios do XX mantívose a inseguridade ortográfica alternando y e i ata a publicación polo Seminario de Estudos Galegos en 1933 do folleto Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego que establecía o uso exclusivo de i para o fonema /i/, criterio que secundou máis tarde a editorial Galaxia. As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego non o inclúe entre as letras propias do alfabeto galego pero si como un signo recoñecido usado en palabras tomadas doutras linguas.
Usos
editarEn química, é o símbolo do elemento químico itrio.
Notas
editar- ↑ Palabras que empezan por Y en galego medieval. Dicionario de dicionarios do galego medieval
- ↑ Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. p. 463. ISBN 847824333X.
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de y |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de i grego |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Y |
Outros artigos
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |