Ípsilon
letra do alfabeto grego
Ipsilon é o nome da vixésima letra do alfabeto grego (ὖψιλόν); equivale ao /y/, son que aparece no u do francés tu ou no ü do alemán müde. Minúscula υ, maiúscula Υ. Adoita transcribirse como i. Provén da letra do alfabeto fenicio wāw. Como signo numérico representaba o catrocentos. En maiúscula serve tamén para designar o vixésimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o vixésimo da Odisea.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Ʊ, ípsilon latino