Lingua lígur (románica)
A lingua lígur[2] (en lígur: Lìgure) é unha lingua románica galoitálica con aproximadamente 2 millóns de falantes nas rexións italianas de Liguria, Piemonte e Sardeña; no Principado de Mónaco (oficial na variedade monegasca); na costa sur da Francia continental; na illa francesa de Córsega; e tamén en Buenos Aires, Chile e parte dos Estados Unidos, o Canadá e Australia, onde houbo inmigración de lígures.
Lígur Lìgure | ||
---|---|---|
Falado en: | Italia Francia Mónaco | |
Rexións: | Liguria | |
Total de falantes: | 1 920 000 | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-occidental Galoitálica Lígur | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Italia e Mónaco | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | lij
| |
Mapa | ||
Status | ||
Características
editarPertence ó grupo occidental das linguas romances como o catalán, o castelán e o portugués e atópase xeograficamente preto das linguas rexionais do norte de Italia. Posúe diferentes variantes como o dialecto xenovés (da cidade de Xénova, o máis estendido por razóns históricas), o savonés (de Savona), o monegasco etc. A máis alta expresión artística desta lingua é probablemente o álbum Crêuza de mä polo cantante e compositor xenovés Fabrizio De Andrè. Todo o álbum está escrito e cantado en lígur, e foi considerado un dos mellores da música mundial durante os anos oitenta.
Entre os falantes desta lingua máis famosos atópanse Niccolò Paganini, Giuseppe Garibaldi, Eugenio Montale ou Italo Calvino.
Extensión xeográfica
editarAdemais de en Liguria, onde o idioma é falado tradicionalmente na costa, fálase no norte da Toscana, no sur do Piemonte (provincia de Alessandria), o extremo occidental da Emilia-Romaña (provincia de Piacenza), no norte de Sardeña, Alpes Marítimos de Francia (principalmente na Côte d'Azur) na zona da fronteira italiana, incluíndo Mónaco, e partes de Córsega. Foi adoptado oficialmente en Mónaco como nome de lingua monegasca, ou localmente, Munegascu.
O dialecto Mentonasc, falado no leste do condado de Niza, é considerado como un dialecto occitano de transición cara ao lígur, e á inversa o Roiasc e o Pignasc falados máis ao norte na marxe oriental do condado da Liguria son dialectos que mostran as influencias occitanas.
Relacións
editarO lígur presenta características distintas do italiano, aínda que tamén ten características doutras linguas románicas. Non hai relación entre a lingua romance actual da Liguria e a antiga lingua lígur dos antigos pobos que habitaban a rexión. Existen, con todo derivacións toponomásticas da antiga Liguria.
Alfabeto
editarO alfabeto lígur ten seis vogais (a, e, i, o, u, y), dezaoito consoantes (b, c, ç, d, f, g, h, l, m, n, p, q, r, s, t, v, x, z). Ademais utiliza a diérese (¨), acento circunflexo (^), acento agudo (´) e grave (`) na maioría das vogais tónicas, cando se utiliza a grafía oficial con todos os acentos para aclarar a pronuncia.
Na grafía oficial, que toma os usos máis xeneralizados historicamente polos poetas xenoveses, o son do U galego escríbese O, para o de U francesa úsase o U, e para o noso O, acentúase Ò ou ben Ö segundo sexa a vogal curta ou longa.
Vocabulario
editar(Na grafía oficial)
- o péi: pera.
- o méi: mazá.
- o çetrón: limón.
- o fîgo: figo.
- o pèrsego: pexego.
- a franboâza: framboesa.
- a çêxa: cereixa.
- o meréllo / mêlo: amorodo.
- o bricòcalo: albaricoque.
- l'ûga: uva.
- o pigneu: piñeiro.
- arvî: abrir.
- serâ: pechar.
- parlâ: falar.
- çercâ: procurar.
- trovâ: atopar.
- o vìn: viño
- a lûxe / o ciæo: luz.
- a cà: casa.
- l'êuvo: ovo.
- l'éuggio: ollo.
- a bócca: boca.
- a tésta: testa.
- o brasso: brazo.
- o cheu: corazón.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lígur.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua lígur (románica) |