Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O alfabeto etrusco consta de 26 letras (alfabeto modelo) das que catro nunca se empregaron (B C D O). Serve para transcribir o etrusco. Os textos máis antigos son abecedarios. O exemplo máis coñecido é o alfabeto de Marsiliana (século -VII), que comporta 26 letras das que cinco son vogais: 22 letras gregas de orixe fenicia e 4 letras propias do alfabeto grego (da variante chamada vermella).

Alfabeto de orixe eubea (unha variante vermella do alfabeto grego chamado clásico) que foi empregada polos latinos, que repectaron a mesma orde agás pola letra G, inventada polos romanos e que ocupou o lugar do Z, que non facía falta para a escritura do latín clásico, aínda que despois se retomou para os préstamos do grego e relegada ao final do alfabeto. As letras que non se empregaban en latín desapareceron (como Th, S, S', Ph, Kh e 8).

O lugar onde se tomou prestado este alfabeto é probabelmente a colonia grega de Ischia (Pitecusas), fronte a Cumas, a mediados do século -VII.

A B C (=[k]) D E F (=v) Z (=ts) H Th (como no inglés ten) I K L M N S O P S' (=sh?) Q R S T U X (=ś) Ph (como no inglés pen) Kh 8 (=f)

Lenda etrusca PUPLUNA (Populonia) nunha moeda etrusca, reproducida por Giuseppe Micali.[1]

O alfabeto etrusco clásico chamado «neoetrusco» aparece sobre o -400 e presenta modificacións en relación ao alfabeto de Marsiliana d'Albegna (primeiro modelo de alfabeto sobre unha taboíña de marfil, destinada a ser un pendente):

  • o grafema 8 para a consoante f ;
  • B e D abandonadas porque os sons correspondentes non existían en etrusco — que ignoraba as consoantes sonoras (mais habían ser utilizadas polos romanos que as necesitaban para transcribiren os sons do latín);
  • K abandonada tamén, agás ante A como no latín KALENDAE (cf. : Calendas) (que deu calendario) e nas cidades setentrionais de Etruria;
  • O desaparece, substituído por U/Y;
  • as letras de orixe fenicia, samek e sadi, non se empregan.

Pódense notar tamén dous tipos de signos de puntuación:

  • a puntuación externa: serve para separar as frases e as palabras.
  • a puntuación interna, que se atopa, como indica a palabra, no interior das palabras; o seu significado non foi definido claramente aínda.

Alfabeto editar

A seguinte táboa presenta os alfabetos etruscos arcaico e clásico, así como as letras equivalentes nos alfabetos grego e latino (cando existe correspondencia). Indícase ademais a pronuncia reconstruída:

Etrusco
arcaico
Etrusco
clásico
Equivalente
grego
Equivalente
latino
Pronuncia
      A [a]
      B [b]
 ,    ,     C [k]
      D [r], [d]
      E [e]
      [v], [w], [u]
   ,     Z [z], [ts]
   ,     H [h]
 ,    ,       [th]
      I [i]
      K [k]
      L [l]
      M [m]
      N [n]
   ,     O [thi], [u], [o]
      P [p]
 ,         [ch]
   ,     Q [q], [phi]
   ,     R [r]
      S [s]
      T [t]
   ,     V [u]
      X [ch]
Φ Φ     [phi]
Ψ Ψ     [khi]
      F [f], [fh]

Codificación informática editar

Unicode inclúe un bloque «itálico antigo» que, aínda que non é propiamente etrusco, contén caracteres que proveñen directamente del. Os creadores de tipos de letras se inspiran principalmente nas inscricións latinas arcaicas, que utilizan o primeiro estadio das letras etruscas. Non son utilizábeis con facilidade. Son estes:

𐌀𐌁𐌂𐌃𐌄𐌅𐌆𐌇𐌈𐌉𐌊𐌋𐌌𐌍𐌎𐌏𐌐𐌑𐌒𐌓𐌔𐌕𐌖𐌗𐌘𐌙𐌚

Notas editar

  1. Micali, G. (1849). Storia degli antichi popoli italiani. Vol. I. Florencia. Páxina 146. Nota 153.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar