Escrituras paleohispánicas

(Redirección desde «Escrituras ibéricas»)

As escrituras paleohispánicas son os sistemas de escritura que foron creados na Península Ibérica antes de que o alfabeto latino se convertese no sistema de escritura dominante.

Escrituras paleohispánicas

Historia editar

Estas escrituras usáronse con certeza desde como mínimo o século V a.C., quizais a partir do s. -VII segundo algunhas hipóteses, ata finais do século -I ou principios do século I e foron o principal vehículo de expresión das linguas paleohispánicas. Agás o alfabeto greco-ibérico, que é unha adaptación do alfabeto grego xónico, o resto de escrituras paleohispánicas comparten unha característica tipolóxica distintiva: presentan signos con valor silábico, para as oclusivas, e signos con valor alfabético, para o resto de consoantes e vogais. A partir do punto de vista da clasificación dos sistemas de escritura, non é nin un alfabeto nin un silabario, senón unha escritura mixta que se identifica normalmente como semisilabario.

As escrituras paleohispánicas pódense agrupar en dous grandes grupos, meridional e nororiental, posto que, aínda que ambos grupos utilizan un repertorio de signos similar, se diferencian claramente polos valores que os signos representan. Sobre a súa orixe non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe está directa e unicamente vinculado ao alfabeto fenicio, mentres que para outros na súa creación tamén influiría o alfabeto grego.

As inscricións que usan os signarios meridionais apareceron fundamentalmente na metade sur da Península Ibérica, representan o 5% do total conservado e moi maioritariamente escríbense de dereita a esquerda:

As inscricións que usan os signarios nororientais apareceron fundamentalmente no cuadrante nororiental da Península Ibérica, representan o 95% do total conservado e moi maioritariamente escríbense de esquerda a dereita:

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hoz, Javier de (2005): «La recepción de la escritura en Hispania como fenómeno orientalizante», Anejos del Archivo Español de Arqueología XXXV, pp. 363–380.
  • Correa, José Antonio (2005): «Del alfabeto fenicio al semisilabario paleohispánico», Palaeohispanica 5, pp. 137–154.
  • Rodríguez Ramos, Jesús (2004): Análisis de epigrafía íbera, Vitoria-Gasteiz.
  • Untermann, Jürgen : Monumenta Linguarum Hispanicarum, Wiesbaden. (1975): I Die Münzlegenden. (1980): II Die iberischen Inschriften aus Sudfrankreicht. (1990): III Die iberischen Inschriften aus Spanien. (1997): IV Die tartessischen, keltiberischen und lusitanischen Inschriften.
  • Velaza, Javier (2004): «La escritura en la Península Ibérica antigua», La escritura y el libro en la antigüedad, Madrid, pp. 95–114.

Ligazóns externas editar