Base nitroxenada

compostos orgánicos cíclicos que inclúen dous ou máis átomos de nitróxeno

As bases nitroxenadas son compostos orgánicos cíclicos, que inclúen dous ou máis átomos de nitróxeno. Son parte fundamental dos nucleósidos, nucleótidos e ácidos nucleicos. Bioloxicamente existen cinco bases nitroxenadas principais, que se clasifican en dous grupos, bases púricas (derivadas da estrutura da purina) e bases pirimidínicas (derivadas da estrutura da pirimidina). A adenina (A) e a guanina (G) son púricas, mentres que a timina (T), a citosina (C) e o uracilo (U) son pirimidínicas. As catro primeiras bases atópanse no ADN, mentres que no ARN no canto de timina existe o uracilo.

Por comodidade, cada unha das bases represéntase pola letra indicada. Un punto fundamental é que as bases nitroxenadas son complementarias entre si, é dicir, forman parellas de igual maneira que o farían unha chave e a súa pechadura. A adenina e a timina son complementarias (A-T), ó igual que a guanina e a citosina (G-C). Dado que no ARN non existe timina, a complementariedade establécese entre adenina e uracilo (A-U). A complementariedade das bases é a clave da estrutura do ADN e ten importantes implicacións, pois permite procesos como a replicación do ADN e a tradución do ARN en proteínas.

En bioloxía, as bases nitroxenadas cada vez con máis frecuencia denomínanse tamén nucleobases.

Estrutura editar

  • O "esqueleto" de adenina, guanina, hipoxantina e xantina é a purina, polo que toman o nome de bases purínicas.
  • O "esqueleto" de citosina, uracilo e timina é a pirimidina, son bases pirimidínicas.

Purinas editar

Nucleobase Nucleósido
 
Adenina
 
Adenosina
A
 
Guanina
 
Guanosina
G

Pirimidinas editar

Nucleobase Nucleósido
 
Timina
 
Timidina
T
 
Citosina
 
Citidina
C
 
Uracilo
 
Uridina
U