Partícula alfa
As partículas (α)[1] son núcleos completamente ionizados, é dicir, sen a súa envoltura de electróns correspondente, de helio-4 (4He). Estes núcleos están formados por dous protóns e dous neutróns. Ao carecer de electróns, a súa carga eléctrica é positiva (+2qe), mentres que a súa masa é de 4 uma.
Xenéranse habitualmente en reaccións nucleares ou desintegración radioactiva doutros nucleidos que se transmutan en elementos máis lixeiros mediante a emisión de ditas partículas. A súa capacidade de penetración é pequena; na atmosfera perden rapidamente a súa enerxía cinética, porque interaccionan fortemente con outras moléculas debido á súa gran masa e carga eléctrica, xerando unha cantidade considerable de ións por centímetro de lonxitude percorrida. En xeral non poden atravesar espesores de varias follas de papel.
Teñen unha carga de coulombs e unha masa de kg.
NotasEditar
- ↑ Definicións no alfa Dicionario da Real Academia Galega e no alfa Portal das Palabras para partícula alfa.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partícula alfa |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- A Táboa de nucleídos LiveChart con filtro en desintegración alfa- IAEA en Java ou HTML