Costa da Mariña Occidental

Coordenadas: 43°43′25″N 7°37′47″O / 43.723700, -7.629700

Costa da Mariña occidental
Illa da Coelleira, entre as rías do Barqueiro e de Viveiro.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, ZEPA
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: ZEC: 491.24 ha. (5 % de área mariña); ZEPA 2168.82 ha. (83 % de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014,[1][2][3], ZEPA en marzo de 2004[4].
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Cervo, O Vicedo, Viveiro, Xove.
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Costa da Mariña occidental é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA) que inclúe a costa da mariña lucense entre O Vicedo e Cervo e que está destinada a conservar o seu eulitoral, parte do seu supralitoral e varios illotes. A área de conservación do ZEC ocupa 491,24 ha., dos cales un 5% son mariños, dos concellos lucense de Cervo, O Vicedo, Viveiro, Xove. A área da ZEPA exclúe algún treito lo litoral no interior das rías pero inclúe máis augas abertas, chegando ás 2168.82 ha. e das cales o 83 % son en zona mariña.[1][2][3][4][5][6]

Xeografía editar

Esta costa protexida comeza na boca leste da ría do Barqueiro, decorrendo desde a praia do Vicedo Vello ata a praia de Sacido, xa no interior da ría de Viveiro. Exclúe o interior desa ría e continúa de novo no exterior do porto de Celeiro para chegar ata a punta de Meitón, en Xove. Continúa na punta Mansa ata a costa da Enseada, xa preto do porto de San Cibrao. A enseada de Regodela, que se atopa entre estes dous últimos treitos, non está dentro do espazo protexido.[5][6]

Ademais do litoral descrito, o espazo inclúe varios illotes e á illa Coelleira, o illote Gaveira, o illote dos Netos, a illa do Asarón, a Ínsua do Cal e os illotes Farallóns, que son o lugar máis ao leste desta zona protexida.[5]

Neste litoral están presentes varios esteiros, baías pouco profundas e calas. Existen varios puntos de bancos de area cubertos permanentemente ou por períodos e diversos tipos de dunas (móbiles e fixas) no litoral. Na costa existes múltiples furnas mariñas.[5]

Fauna e flora editar

Flora editar

Na costa destacan os arrecifes e a vexetación perenne dos coídos e dos argazos.[5] No litoral existen diferentes hábitats onde están presentes queirogais, tanto húmidos con Erica ciliaris e Erica tetralix como secos con Erica vagans, e matogueiras con Laurus nobilis.[5]

En canto aos bosques, nesta costa están presentes as masas de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior), así como as carballeiras galaico-portuguesas de Quercus robur e Quercus pyrenaica.[5]

Fauna editar

Non considerando as aves, as especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]

Grupo Especie
Invertebrados Lucanus cervus
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Aves editar

Nos illotes destacan a presenza de colonias de aves mariñas. En particular, é o único lugar de reprodución da gabita (Haematopus ostralegus) en Galicia.[4][5]

As especies de aves deste espazo que se atopan no Anexo II da Directiva 92/43/EEC son[4]:

Especie
Arenaria interpres
Calidris alba
Calidris maritima
Falco peregrinus
Haematopus ostralegus
Hydrobates pelagicus
Larus cachinnans
Limosa lapponica
Phalacrocorax aristotelis
Phalacrocorax carbo
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Sterna hirundo
Sterna sandvicensis
Sylvia undata

Lexislación editar

A "Costa da Mariña Occidental" foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural coincide case na súa totalidade co zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa da Mariña Occidental", que se aprobou como tal en marzo de 2004.[4][5]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Natura 2000: SCA ES1120017 Costa da mariña occidental". Consultado o 4/9/2019. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120017 Costa da mariña occidental". Consultado o 4/9/2019. 
  6. 6,0 6,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Natura 2000: SCA ES1120017 Costa da mariña occidental". Consultado o 4/9/2019.