Illas Farallóns

arquipélago do concello de Cervo

As Illas Farallóns (Illas dos Farallóns) son un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como Trileucos no século II a. C. polos gregos[Cómpre referencia].

Modelo:Xeografía físicaIllas Farallóns
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCervo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°42′57″N 7°26′28″O / 43.715964, -7.441214
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie0,06 km² Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Está situado a unha milla en fronte da vila de San Cibrao (concello de Cervo). As tres illas (A Sombriza, A Baixa e O Pé) que o conforman suman en conxunto 6 hectáreas de terreo. A Sombriza, a maior das illas, ten unha extensión de 3'5 hectáreas. Son moi abruptas e rochosas, e unha delas presenta unha característica forma piramidal, moi elevada.

Historia

editar

As illas son un tradicional punto de naufraxio de barcos: o vapor María del Carmen F, afundido en 1931; o cargueiro Castillo Moncada, que quedou sentado na canle que separa as illas en 1945, o pesqueiro Maryfran en 1957 e o cargueiro Carebeka VIII, afundido en 1982.

Na Illa da Sombriza, na cova de Xan Vello garda a Maruxaina a súa morada, todos os segundos sábados de agosto celébrase a festa desta máxica lenda.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar