María del Carmen F

O María del Carmen F foi un barco a vapor galego afundido nas illas Farallóns o 12 de marzo de 1931.

Descrición do barco editar

O María del Carmen F fora construído pouco antes en Zumaia, coa matrícula 4ª-FE-4-628. O vapor estaba destinado a lancha de pasaxe entre Ferrol e Maniños.

Sinistro editar

No momento do seu naufraxio ían catro tripulantes a bordo, que foran recollelo ao estaleiro de Zumaia con destino Ferrol. Tras facer escala en Santander e Xixón, puxo rumbo ás costas galegas. Ao aproximarse ás illas Farallóns tocou nos seus baixos. Tres dos seus tripulantes puideron ser rescatados por catro embarcacións que saíran do porto de San Cibrao ao escoitar as chamadas de auxilio. O corpo do patrón apareceu na praia de San Cibrao o 31 de marzo.