O Carebeka VIII foi un cargueiro holandés afundido o 23 de decembro de 1982 a unha milla do porto de San Cibrao, ao embicar nas Illas Farallóns. Construído en 1976, medía 81 metros de eslora, 14 de manga e rexistraba 3000 TRB.

Sinistro editar

Saíra da Coruña o 20 de decembro de 1982 rumbo San Cibrao, onde ía cargar 3000 toneladas de aluminio. Ao aproximarse a este porto, os prácticos infórmano que para entrar teñen que agardar a saída do Xove. Foron precisamente os tripulantes do Xove os primeiros en advertir o perigo, xa que vían como o Carebeka VIII manobraba directamente cara ás Illas Farallóns.

Ás 4 da mañá encalla nestas illas e unha hora despois partía pola metade. Dez dos seus tripulantes puideron ser rescatados polo helicóptero do SAR. O capitán non puido ser rescatado ante a súa negativa de abandonar o barco. Tras varios días sen abandonar a súa posición, desapareceu o seu corpo.

As causas deste estraño sinistro non foron nunca esclarecidas, xa que o capitán do Carebeka VIII coñecía ben a zona.