Coordenadas: 43°40′43″N 7°35′40″O / 43.678661, -7.594436

O porto de Celeiro é un peirao de pesca situado na parroquia de Celeiro, ao norte do núcleo urbano de Viveiro, e abrigado pola ría de Viveiro.

Porto de Celeiro
Barcos amarrados no porto.
Contrasinal da provincia marítima de Lugo á que pertence.
Localización
PaísEspaña España
CidadeGalicia Viveiro, Galicia
Detalles
Dirixido porDomingo Rey Seijas
Tamaño17 419
Estatísticas
http://puertodeceleiro.es/

Características editar

É un dos portos de pesca galegos de máis envergadura do mar Cantábrico, cun total de 90 buques censados[1]. A frota está composta por embarcacións de baixura-artesanal, pesca do cerco, arrastre de litoral, volante e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada. O centro de distribución de produtos ten unha capacidade de descarga, poxa e manipulación de 75 toneladas diarias. Dispón de lonxa climatizada, cunha superficie construída total de 17 419 .

Conta á súa vez cunha Confraría de Pescadores de grande importancia, sendo o seu patrón maior na actualidade Domingo Rey Seijas. No sector primario, o subsector pesqueiro é unha das máis significativas.

Heliporto Costa Norte editar

Situado nas inmediacións do Porto de Celeiro, atópase o Heliporto Costa Norte (Código OACI: LEPV).[2] Este heliporto foi construído a finais da década de 1980, e a finais do século XX foi modernizado e ampliado a unha superficie de 4 000 m².

Este heliporto é a base do Pesca 2, un dos helicópteros do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galicia.

Desde que se iniciou o servizo de Rescate Aéreo, tres tipos de aeronaves tiveron como base o Heliporto Costa Norte:

Notas editar

  1. "Cofradía Celeiro". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 27 de xuño de 2009. 
  2. Códigos aeronáuticos españoles[Ligazón morta]

Véxase tamén editar