Heliporto Costa Norte
O Heliporto Costa Norte (Código OACI: LEPV) é un heliporto situado na localidade lucense de Viveiro, nas inmediacións do Porto de Celeiro. Este heliporto foi construído a finais dos anos 80, e unha década despois modernizado e ampliado a unha superficie de 4.000 metros cadrados.
Heliporto Costa Norte Heliporto Costa Norte
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | Xunta de Galicia | ||
Operador | Gardacostas de Galicia | ||
Cidade/Illa | Viveiro | ||
Localización | Porto de Celeiro | ||
Elevación (msnm) | 5 metros / 15 pés |
Este heliporto é a base do helicóptero "Pesca 2", un dos helicópteros do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Xunta de Galiza.
Desde que se iniciou o servizo de Rescate Aéreo, tres tipos de aeronaves existiron no Heliporto Costa Norte:
- Bell 212 Twin Two-Twelve
- Eurocopter AS-365N-2 Dauphin II - EC-HIM[1]
- Sikorsky S-76C+ - EC-JET[2]