Carrasca branca
Carrasca branca | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carrasca branca en Cornualla (Erica vagans) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Erica vagans' L. |
A carrasca branca[1] (Erica vagans L.) é unha uz que poucas veces acada o metro de altura; moi ramalluda e de fino arume verticilado (4 ou 5) fortemente revolutas, que abunda nas rexións de montaña de toda Europa. Aparece tamén en Galiza.
Descrición
editarMedra maiormente de xeito patente (en horizontal) no medio natural, polo que non adoita acadar grandes alturas, mais si cubrir extensións en noiros e abas. É unha planta vizosa e perenne. As inflorescencias son racemosas e aparecen nas partes superiores dos talos. As flores son urceoladas (cos pétalos soldados e de aspecto de campá) e de cor rosada-morada, diferenciándose doutras especies de Erica en que tanto os estames como o estigma sobresaen por fóra da corola. Segundo a zona florea a partir de xuño deica setembro-outubro.
Distribución
editarÉ propia da rexión eurosiberiana, principalmente na faixa atlántica desde Portugal até Dinamarca. Sendo frecuente en Irlanda e Bretaña. No Reino Unido só se acha na península de The Lizard, en Cornualla. Na Península Ibérica medra no terzo norte: Galiza, Asturias, Cantabria e País Vasco.[2]
Hábitat
editarMedra especialmente nas montañas, a partir dos 800 m, por isto é considerada unha urce de montaña. Como a meirande parte das especies do xénero Erica, medra ben en solos acedos e oligotróficos.
Etimoloxía
editarCrese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas pólas febles. O epíteto específico latino vagans significa literalmente vadío, vagabundo; referíndose ao contexto que ten unha ampla distribución.[3] En inglés recibe os nomes de Cornish heath (uz de Cornualla) e wandering heath (uz errante)
Cultivo
editarTéñense desenvolvido numerosos cultivares de flores cun grande abano de cores: brancas, rosas, malva e púrpura. Os cultivares a seguir gañaron o premio de mérito de xardinaxe da Royal Horticultural Society británica:
- Erica multiflora L. [1754, Fl. Angl. : ?] [1754]
- Erica didyma Stokes in With. [1787]
- Erica decipiens St.-Amans [1821]
- Gypsocallis vagans (L.) Gray [1821]
- Erica vaga Salisb.
Notas
editar- ↑ Nome vulgar en galego preferido en Vocabulario forestal. Varios autores, Santiago de Compostela, 2012 Universidade de Santiago de Compostela / Escola Politécnica Superior de Lugo, Deputación de Lugo - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15515911
- ↑ RHS A-Z encyclopedia of garden plants. Reino Unido: Dorling Kindersley. 2008. p. 1136. ISBN 1405332964.
- ↑ Harrison, Lorraine (2012). RHS Latin for gardeners. Reino Unido: Mitchell Beazley. p. 224. ISBN 9781845337315.
- ↑ "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Cornish Cream'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013.
- ↑ "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Kevernensis Alba'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013.
- ↑ "RHS Plant Selector - Erica vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley'". Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carrasca branca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carrasca branca |