Forma (botánica)
En botánica denomínase forma a unha categoría taxonómica que representa unha modificación ocasional da especie, asociada ou non á distribución xeográfica. Deriva do latín forma.[1]
A modificación pode ser dun só carácter, ou de varios caracteres ligados. Esta categoría taxonómica noméase pola palabra, ou a súa abreviatura (f.). Por exemplo, as plantas de Cistus ladanifer con manchas purpúreas na base dos pétalos, considéranse forma da especie.
É unha categoría sistemática algo imprecisa e, en xeral, considerada inferior á variedade. Pódesa falar, por exemplo, dunha forma latifolia (de follas anchas), dunha forma glabra (espida, sen pelo), etc.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Font Quer, P. 1993, pp. 490-491.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Font Quer, P. (1993). Diccionario de botánica. Barcelona: Labor. ISBN 84-335-0078-3.