Variedade (bioloxía)
A variedade é en taxonomía o taxon inmediatamente inferior a subespecie. Un grupo de individuos que pertence a unha mesma variedade difire dos restantes de igual subespecie por caracteres máis ou menos aparentes pero non significativos en relación a outro grupo de organismos cós que comparten moitas características e cós que conseguen reproducirse libremente.
Exemplo de variedade en botánica
editarUn exemplo de distintas variedades botánicas da mesma especie pode ser o cacto Escobaria vivipara, que se atopa dende o Canadá ata México, e tamén en Novo México por baixo dos 2.600 metros. Téñense descrito nove variedades que están adaptadas a diferentes hábitats como son as que seguen:
- E. v. var. arizonica: nativa do deserto suroeste dos Estados Unidos.
- E. v. var. bisbeeana: nativa de Arizona e Novo México.
- E. v. var. deserti: atopada no deserto do suroeste.
- E. v. var. kaibabensis: maiormente limitada a Arizona.
- E. v. var. neomexicana: nativo de Novo México e Texas.
- E. v. var. vivipara: encontrada ata o norte do Canadá (Manitoba).