Pilro escuro
O pilro escuro ou pilro cincento (Calidris maritima) é unha pequena ave costeira do xénero dos pilros, Calidris.
Pilro escuro | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de C. maritima: en amarelo a área de reprodución, en verde a área durante todo o ano, e en azul a área de invernada.
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Erolia maritima |
Descrición
editarOs adultos teñen patas curtas amarelas e un bico fino, escuro con base amarela, de tamaño medio. O corpo é escuro na parte superior con lixeiros tons púrpura e pola parte inferior é principalmente branco. O peito está manchado de gris e a parte traseira é negra. Mide de 20 a 22 cm de lonxitude e 42 a 46 cm de envergadura alar, e pesa de 50 a 105 g.[2]
Medidias estándar[3][4] | |
---|---|
Lonxitude | 210–140 mm |
Peso | 70 g |
Envergadura alar | 430 mm |
Á | 117,9–130 mm |
Cola | 55,9–63 mm |
Culmen | 27,2–32 mm |
Tarso | 22-23,8 mm |
Reprodución
editarO seu hábitat de reprodución é a tundra ártica das illas do norte do Canadá e as áreas costeiras de Groenlandia e noroeste de Europa. Aniñan no chan en rochas elevadas ou en lugares baixos húmidos. O macho escava varias depresións; a femia escolle unha e pon de 3 a 4 ovos. O macho asume a principal responsabilidade durante a incubación e ocúpase dos pitos. As crías aliméntanse por si mesmas.
Informouse dun caso aparente de hibridación entre esta especie e o pilro común (Calidris alpina) en Inglaterra.[5]
Distribución e migración
editarReprodúcense nas costas árticas dende o Canadá ao noroeste de Europa. Son migrantes tardíos e móvense ás costas rochosas atlánticas libres de xeo en inverno, pero a maioría non van máis ao sur que Carolina do Norte (na parte americana) e norte de Portugal (na parte europea). Pode verse nas costas cantábricas galegas en inverno. Son bastante gregarios, forman pequenas bandadas, a miúdo con virapedras (Arenaria interpres). Esta especie é domesticable e accesible.
Alimentación
editarComen nas costas rochosas capturando o alimento usando a vista. Aliméntanse principalmente de artrópodos e moluscos e tamén algo de materia vexetal.
Status
editarO pilro escuro é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA).
Notas
editar- ↑ "Calidris maritima". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Purple Sandpiper". All About Birds. Cornell Lab of Ornithology.
- ↑ Godfrey, W. Earl (1966). The Birds of Canada. Ottawa: National Museum of Canada. p. 151.
- ↑ Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Knopf. p. 181. ISBN 0-679-45122-6.
- ↑ Millington, Richard (1994). "A mystery Calidris at Cley". Birding World 7 (2): 61–63. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2004. Consultado o 12 de agosto de 2018.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pilro escuro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilro escuro |
Ligazóns externas
editar- Purple sandpiper facts en BTO BirdFacts
- información en eNature.com
- Folla de datos de BirdLife species para Calidris maritima
- Vídeos, fotos, e sons de Pilro escuro na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Pilro escuro en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Calidris maritima en IUCN Red List maps
- Calidris-maritima - Gravacións de sons de Purple sandpiper en Xeno-canto.