Festa da Maruxaina
A festa da maruxaina é unha festa de interese turístico[1] que se celebra cada verán na localidade galega de San Cibrao, en Lugo.
Festa da Maruxaina | |
---|---|
Lugar da festa | |
Datos da festa | |
Lugar | San Cibrao |
Comezo | 1985 |
Data | segundo sábado de agosto |
País | Galiza |
Concello | Cervo |
Parroquia | Lieiro |
Comisión da festa | Amigos da Maruxaina |
A festa da Maruxaina, que se celebra o segundo sábado de agosto, é un agradecemento popular a canto significa e produce o mar. Para iso, conta a lenda, que na costa lucense, en fronte de San Cibrao, existe un castelo baixo a auga onde habita unha serea. Uns din que a serea é boa e que emprega a súa sabedoría para avisar e librar ós mariñeiros das inclemencias do mar. Porén, outros coidan que a serea é mala e que emprega os seus encantos para enfeitizar e encandear ós mariñeiros, e que estes se perdan no mar e pasen o resto dos seus días na súa compañía.
Portada polos mariñeiros, terá o seu xuízo na praia do Torno. É unha comitiva na que todos participan con candeas e farois para axustizar e posteriormente dependendo de se é inocente ou non, impartirlle o seu destino. Se é declarada inocente, o pobo concédelle o indulto á difamada serea e a festa continúa cunha gran queimada, se é culpable, préndenlle lume mentres berran entre músicas e cánticos.
Isto pon punto final a este encontro na praza da vila.
Actividades
editarA vila acolle multitude de actividades para todas as idades, dende un concurso previo para elixir o cartel oficial, até o canonazo inaugural, pasarrúas, charangas, degustacións gastronómicas, o recoñecemento ao "Maruxaino de Honra" que honra a quen promove a festa ou contribúe ao seu coñecemento, xogos populares e infantís, feira de artesanía o "Gran Xuízo Popular" á Maruxaina.[2]
Notas
- ↑ Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de (2023-01-31). "FESTAS DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO FESTA DA MARUXAINA DE SAN CIBRAO EN CERVO LUGO". Turgalicia. Consultado o 2024-03-09.
- ↑ "Maruxaina 2023: programa da festa". Blog Mundo R. 2023-08-08. Consultado o 2024-03-09.