Broa
A broa[1] ou boroa[2] é un tipo de pan tradicional feito con millo (pan de millo) típico de Galiza, Portugal e o Brasil (co mesmo nome nos tres países). Faise cunha mestura de fariñas de millo e trigo, ou millo e centeo (como a broa de Avintes), e fermento.
No Brasil adóitase adubar con fiúncho, e varía un chisco da receita do cornbread típico do sur dos Estados Unidos, xa que leveda con fermento natural e non químico.
Este pan ten un sabor e textura rústicos o que o fai axeitado para acompañar sopas, especialmente o caldo galego e portugués de verduras feito con verzas, repolo, pataca e chourizo.
Etimoloxía
editarO substantivo broa deriva do vocábulo da lingua gótica brauþ, que significa "pan"[3]. De aí bread no inglés actual.
Cultura popular
editarArtigo principal: O pan na cultura popular galega
- Na novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, o autor sinala as preocupacións de Balbino ao comer pan de millo (á súa nai "sentáballe mal a broa"), mentres os nenos de familias máis adiñeiradas podían mercar "pantrigo".
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para broa.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boroa.
- ↑ Verbete "broa" no dicionario Priberam (en portugués).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Neira Vilas, X. "Memorias dun neno labrego". Editorial Galaxia, 1961. ISBN 978-84-9865-343-4