Jean-Andoche Junot

Jean-Andoche Junot, duque de Abrantes alcumado la Tempête (O Trebón), nado en Bussy-le-Grand o 23 de outubro de 1771 e finado en Montbard o 29 de xullo de 1813, foi un militar francés.

Modelo:BiografíaJean-Andoche Junot

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1771 Editar o valor en Wikidata
Bussy-le-Grand, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 1813 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Montbard, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMontbard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadePrimeira República Francesa Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Revolucionário francês (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militargeneral de divisão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
TítuloDuque de Abrantes e o Império (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLaure de St. Martin Permon Editar o valor en Wikidata
FillosJoséphine Junot d'Abrantès, Constance Aubert Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5130501 WikiTree: Junot-16

Traxectoria

editar

De familia burguesa, comezou estudos de dereito en París cando comezaba a Revolución francesa. Enrolouse no exército en 1790, no batallón de voluntarios do departamento da Côte-d'Or. Ascendido rapidamente a sarxento de granadeiros, participou no asedio de Toulon en 1793. Encontrouse entón con Napoléon Bonaparte do que sería secretario.

No 13 vendimiario, da cando a campaña de Italia, Junot distinguiuse polo seu valor, sendo recompensado co encargo de levar ao Directorio as bandeiras do inimigo e máis co ascenso a coronel. Ferido en Lonato durante esa campaña, parece que isto mudou seu carácter, que se tornou irritábel. Marchou con Napoleón durante a campaña de Exipto, na cal foi ascendido a xeneral de brigada desde o momento de pisar terra exipcia. Ferido nun duelo, na campaña, foi capturado polos ingleses, e volvería a Francia como mutilado. Progresivamente Napoleón foise distanciando do seu xeneral, demasiado temerario para o seu gosto.

Junot participou no 18 Brumario. Ao seu regreso a Francia en 1801, foi nomeado xeneral de división e gobernador de París. Máis foi tirado do posto polo mesmo Napoleón, quen o enviou a Arras, coa misión de instruír o novo corpo de granadeiros. Como manifestase o seu desacordo, foi mandado en 1805 como embaixador en Portugal, aínda que antes chegou a tomar parte na batalla de Austerlitz.

A comezos do Consulado, casou con Laure Permon.

A súa amizade cun banqueiro prexudicouno, ao demandar un empréstito feito a Bonaparte, polo que foi de contado enviado fóra de Francia en 1806, nesta ocasión como gobernador de Parma, e coa misión de afogar unha insurrección. Volto a Francia en 1807, recobrou o seu posto de gobernador militar de París, ´mais o seu tren de vida fastuoso e os extravíos de conduta forzaron o seu relevo.

As súas extravagancias levárono a un cuarto exilio: foi posto ao mando do exército destinado a invadir Portugal en 1807. Partindo desde Salamanca en novembro, tomou Lisboa a inicios de decembro. Foi entón nomeado duque de Abrantes e gobernador de Portugal. Mais cando os británicos desembarcaron en agosto de 1808, foi derrotado na batalla do Vimeiro e illado do resto do exército francés; grazas á sinatura da convención de Sintra evitou a súa captura. Volveu para Francia. Tornou de novo á Península Ibérica en 1810, co exército dirixido por André Masséna; nesta ocasión foi herido de gravidade. Acabaría sendo derrotado polo xeneral británico Wellington.

En 1809, estaba coa Grande Armée (Grande Exército), participando na campaña de Austria. Colaboraría aínda nas campañas de España (1810) e de Rusia (1812). Porén o seu estado de saúde mental non era satisfactorio.

De seguido tomou parte en canta batalla lle permitise facerse con bastón de xeneral; mais foi criticado por permitir ao exército ruso a retirada, despois da batalla de Smolensk, por contra na Batalla de Borodino mandou o 8º corpo con competencia.

En 1813, retiróuselle o mando de tropas e pasou a gobernar as Provincias ilirias, cuxo centro era Venecia. Unha tarde, nun ataque de delirio, caeu dunha xanela, fracturándose unha perna, logo do cal tentou amputarse cun coitelo de cociña.

Morreu uns días despois, o 29 de xullo de 1813, a causa de complicacións infecciosas, sendo inhumado no cemiterio de Montbard na Côte-d'Or.

Foi o mesmo Napoleón o que lle puxo o alcume de "Junot la Tempête" (Junot o Trebón).