Os montes de Toledo son unha formación orográfica sita na Península Ibérica, que separan a conca do Texo da do Guadiana. Constitúen ademais o linde setentrional da Mancha. Algúns autores coidan que este cordal se prolonga en Portugal a través da serra de San Mamede[1].

Modelo:Xeografía físicaMontes de Toledo
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMeseta Sur Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de Toledo, España, provincia de Cidade Real, España, Castela-A Mancha, España e Estremadura, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°N 4°O / 39, -4
Composto por
Características
Altitude1.603 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións100 (ancho) × 350 (lonxitude) km
Punto máis altoLa Villuerca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.603 m Editar o valor en Wikidata )
Material usadorocha sedimentaria Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 555531077 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata PTCON0007 Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoTerciário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452054

Os montes de Toledo dan nome a unha comarca da provincia de Toledo e a outra da provincia de Cidade Real, que son confinantes.

Dimensións

editar

Teñen unha lonxitude máxima de leste a oeste duns 350 km e un ancho medio duns 50 km máximo (o ancho máximo alcanza arredor de 100 km nas proximidades de Sonseca e Puertollano). A súa cimeira sitúase na serra de Guadalupe, onde se ergue a Villuerca Alta que chega a unha altura de 1.603 m.

Xeoloxía

editar

Trátase dunha estrutura rexuvenecida pola oroxenia alpina, pero a diferenza do Sistema Central, non están formados por bloques levantados e afundidos, senón que son un relevo apalachense, posto a descuberto pola intensa erosión que afectou a zona logo da oroxenia. Son, pois, crestóns cuarcíticos dunha altura uniforme, de arredor dos 1.400 metros, que non foron afectados pola erosión glacial.

Hidrografía

editar

Os montes de Toledo son un foco de dispersión hidrográfica menor, do que parten ríos como o río Algodor (95 km de longo e 1250 km² de conca) ou o Almonte ambos afluentes do Tahu pola esquerda e o río Amarguillo, tributario do Guadiana pola dereita.

Protección ambiental

editar

Na área dos montes de Toledo inclúese a paraxe protexida do Parque Nacional de Cabañeros. Pero tamén existen algúns outros elementos paisaxísticos destacábeis nestes montes: os numerosos canchais.

 
Vista da vertente sur dos montes de Toledo desde Puerto de Los Santos

.

Ligazóns externas

editar
  1. Vilá Valentí, Juan, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páx. 57