Vila Real de Santo António
Vila Real de Santo António é unha cidade portuguesa no Distrito de Faro, na rexión e subrexión do Algarve, no extremo sueste, na foz do río Guadiana. Ten cerca de 10.500 habitantes.
Vila Real de Santo António | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | Portugal | ||
Rexión | Algarve | ||
Subrexión | Algarve | ||
Distrito | Faro | ||
Xeografía | |||
Superficie | 57,53 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 17.956 hab. (2001) | ||
Densidade | hab/km² | ||
Outros datos | |||
www.cm-vrsa.pt |
Límites municipaisEditar
É sede dun pequeno municipio con 57,53 km² de área e 18.158 habitantes (2004), subdividido en 3 freguesías. É un dos poucos municipios de Portugal territorialmente descontinuos, dividíndose nunha porción occidental, a freguesía de Vila Nova de Cacela, e unha porción oriental, onde se sitúan a cidade e máis Monte Gordo. A parte oriental está limitada no norte e oeste polo municipio de Castro Marim, no leste polo Río Guadiana, que define a fronteira con España, e polo sur o litoral do Océano Atlántico; a parte occidental está limitada polo norte e leste por Castro Marim, no oeste por Tavira e no sur ten litoral co Océano Atlántico.
FreguesíasEditar
As freguesías de Vila Real de Santo António son as seguintes:
Breve historiaEditar
A construción de Vila Real de Santo António foi planeada no final do século XVIII por Marqués de Pombal, como garantía de poboamento xunto á fronteira española, sucedendo á antiga localidade de pescadores denominada Santo António da Arenilha. A súa planta presenta estrutura cuadrilátera regular, tal como a Baixa de Lisboa.
PatrimonioEditar
- Igrexa de Nosa Señora da Asunción (Cacela Velha)
- Fortaleza de Cacela
- Centro histórico pombalino de Vila Real de Santo Antonio
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vila Real de Santo António |