Georges Pompidou
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2018.) |
Georges Jean Raymond Pompidou, nado en Montboudif o 5 de xullo de 1911 e finado en París o 2 de abril de 1974, foi un político francés, 2º Presidente da Quinta República e 19º Presidente da República francesa do 20 de xuño de 1969 ao 2 de abril de 1974.
Georges Pompidou | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Georges Jean Raymond Pompidou |
Nacemento | 5 de xullo de 1911 |
Lugar de nacemento | Montboudif |
Falecemento | 2 de abril de 1974 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | leucemia e Linfoma |
Soterrado | Orvilliers |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Lycée Louis-le-Grand, École Normale Supérieure, Instituto de Estudos Políticos de París e Lycée Pierre-de-Fermat |
Ocupación | político e banqueiro |
Pai | Léon Pompidou |
Cónxuxe | Claude Pompidou |
Fillos | Alain Pompidou |
Premios | Gran cruz da Lexión de Honor, Grand Cross of the National Order of Merit, Grand Master of the Legion of Honour, Concours général, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Oficial da Lexión de Honra, Cabaleiro da Lexión de Honra, Ordem do Mérito da República Italiana e Grand Cross of the Order of Polonia Restituta |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carreira políticaEditar
Tralo retorno do xeneral Charles de Gaulle ó poder en 1958, Pompidou foi chamado a dirixir o gabinete do Presidente. O 20 de febreiro de 1959 o Presidente designouno membro do Consello Constitucional, cargo que ocupou ata 1962.
Primeiro ministroEditar
Desde o 16 de abril de 1962 Pompidou ocupa o posto de Primeiro Ministro, soportando diversos cambios de goberno ata o 10 de xullo de 1968. Probablemente seguiría no cargo de non ser polos eventos de maio do 68: para reforzar a acción do goberno, propuxo ao Presidente disolver a Asemblea Nacional. Tal decisión, que moitos xulgaron suicida, resultou ser unha hábil manobra política que conseguiu decapitar á esquerda (Pierre Mendès France, un dos líderes de esquerda, por exemplo, non foi reelixido nesta ocasión); pero de Gaulle, irritado por ser cuestionado polo seu Primeiro Ministro, obrígao a renunciar, reemplazándoo por Maurice Couve de Murville.
Presidente da RepúblicaEditar
Tras a renuncia do xeneral de Gaulle, Georges Pompidou foi elixido Presidente da República francesa, cun 58,22 % dos votos. Asumiu o cargo o 15 de xuño de 1969. Pompidou aposta por un desenvolvemento industrial de Francia, e inicia unha serie de traballos de modernización, en diversas áreas, como o TGV, a modernización das telecomunicacións ou a construción de autoestradas. París conserva restos deste período da historia: a noción dun estilo "pompidoliano" identifica a tentación de construír torres elevadas en pleno centro dunha cidade que ata entón se caracterizara por unha arquitectura uniforme (estilo "hausmanniano"); a Tour Montparnasse é probablemente o mellor (ou peor) símbolo desta época. Preocupado pola difusión da arte, inicia os traballos para a construción dun importante centro cultural que hoxe leva o seu nome.
No plano internacional optou por reforzar Europa, por profundala e fortalecela fronte ao pacto atlántico. O Reino Unido (xunto a Irlanda e Dinamarca) puido así integrarse á Comunidade Económica Europea. Sen interromper as relacións diplomáticas coa Unión Soviética nin Europa oriental, aspiraba ao fortalecemento político das institucións europeas.
Afectado por un cancro, morreu o 2 de abril de 1974 no seu estudo da illa Saint-Louis, sen terminar o seu mandato.
Predecesor: Charles de Gaulle |
Presidente da República Francesa 1969 - 1974 |
Sucesor: Valéry Giscard d'Estaing |
Predecesor: Charles de Gaulle |
Copríncipe de Andorra (Con Ramón Malla Call (1969 - 1971)) (Con Joan Martí Alanis (1971 - 1974)) 1969 - 1974 |
Sucesor: Valéry Giscard d'Estaing |