Subrahmanyan Chandrasekhar

Subrahmanyan Chandrasekhar, nado en Lahore (daquela pertencente á India británica actualmente en Paquistán) o 19 de outubro de 1910 e finado en Chicago (Illinois) o 21 de agosto de 1995, foi un físico, astrofísico e matemático indio.

Modelo:BiografíaSubrahmanyan Chandrasekhar

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ta) சுப்பிரமணியன் சந்திரசேகர் Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Lahore (Raj Británico) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de agosto de 1995 (84 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWheeling Township Arlington Heights Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge - doutor (–1933)
Trinity College (1930–1933)
Presidency College (en) Traducir (1921–1930)
Hindu Higher Secondary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaPolytropic distributions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (1933 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseRalph H. Fowler e Arthur Eddington Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstrofísica, física e matemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, astrofísico, académico, astrónomo, físico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago (1942–1985)
Observatório Yerkes (pt) Traducir (1937–1942)
Trinity College (1933–1937) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enAstrofísica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresArthur Eddington Editar o valor en Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoDonald Edward Osterbrock (pt) Traducir, Bimla Buti (en) Traducir, Donat Wentzel (pt) Traducir, Jeremiah Paul Ostriker (pt) Traducir, Guido Münch (pt) Traducir, Steven Lawrence Detweiler (en) Traducir, Russell Kulsrud (pt) Traducir, Anne Barbara Underhill (pt) Traducir, John Charles Miller (en) Traducir, Norman Ronald Lebovitz (en) Traducir, Morris L. Aizenman (en) Traducir, Yavuz Nutku (en) Traducir, John L. Friedman (en) Traducir, Arthur Code (pt) Traducir, Merle Gold (en) Traducir, Surindar Kumar Trehan (en) Traducir, Yousef Sobouti, Eberhart Jensen (en) Traducir e H. Lawrence Helfer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLalitha Doraiswamy Editar o valor en Wikidata
PaiCS Ayyar Editar o valor en Wikidata
ParentesChandrasekhara Venkata Raman, tío Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiographical Memoirs of Fellows of the Royal Society (pt) Traducir
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 8 (en) Traducir, (p.668)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.294) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5478005 Musicbrainz: fbcf18d1-a21e-4da1-8fd7-e22130d165ce WikiTree: Chandrasekhar-3 Find a Grave: 90500965 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Gañou o Premio Nobel de Física en 1983 canda a William Fowler polos seus estudos sobre os procesos importantes na estrutura e evolución estelares. Graduouse en Chennai (India) e doutorouse en Cambridge, aínda que traballou en Chicago dende 1937 ata a súa morte en 1995.

Ademais do premio Nobel, fóronlle concedidas a Henry Norris Russell Lectureship (1949), a Medalla Bruce (1952), a Medalla de Ouro da Real Sociedade Astronómica (1953), a Medalla Henry Draper (1971) e a Medalla Copley da Royal Society (1984).

En 1999, a NASA chamou no seu honor 'Chandra X-ray Observatory' ao terceiro dos seus catro grandes observatorios. Ata un asteroide, o 1958 Chandra débelle o seu nome.

Carreira científica

editar

En 1930, Chandrasekhar ingresou no Trinity College na Universidade de Cambridge, Inglaterra. Por aquel entón leu un dos libros de Eddington The Internal Constitution of Stars que lle influíu profundamente. En devandito libro Eddington sostiña que as estrelas acababan as súas vidas transformadas en obxectos pequenos do tamaño da Terra e coñecidos como ananas brancas tras esgotar as súas fontes de enerxía. Chandrasekhar incluíu nos seus cálculos efectos de tipo cuántico e relativistas concluíndo que tan só as estrelas de baixa masa podían terminar as súas vidas tal e como Eddington suscitara. Os seus cálculos máis elaborados mostraban que para estrelas de masa superior a 1.4 a masa do noso propio Sol as estrelas, en ausencia dunha fonte interna de calor, se colapsarían por baixo do tamaño terrestre. Este límite coñécese como límite de Chandrasekhar. Os seus descubrimentos apuntaban á formación de estrelas de neutróns e buracos negros. En 1937 Chandrasekhar aceptou un traballo na Universidade de Chicago, onde permanecería durante o resto da súa carreira científica. En Chicago Chandrasekhar iniciou unha nova liña de traballo que culminaría na publicación da súa obra The Principles of Stellar Dynamics (1942). Durante a segunda guerra mundial Chandrasekhar colaborou con outros físicos da universidade de Chicago como Enrico Fermi no Proxecto Manhattan. A comezos dos anos 50 Chandrashekhar estudou detalladamente o transporte radioactivo no interior das estrelas pero o seu traballo neste campo referénciase en numerosas ocasións para o estudo do transporte radioactivo de enerxía en calquera medio (Radiative transfer). Máis tarde traballaría nos efectos do magnetismo sobre as galaxias, a súa forma e evolución publicando outro clásico: Hydrodynamics and Hydromagnetic Stability (1961). Durante a seguinte década intentou descubrir como a rotación afecta a forma dos planetas, estrelas, galaxias e clústeres de galaxias. Nos anos 70 Chandrasekhar volveu examinar o colapso das estrelas ao final da súa vida. Este traballo concluíu coa publicación da que quizabes sexa a súa obra máis famosa: The Mathematical Theory of Black Holes publicada en 1983. Por estes traballos recibiu o premio Nobel de física en 1983 que compartiu con William Fowler. O seu último libro foi Newton's Principia for the Common Reader.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar