Chandrasekhara Venkata Raman

físico indio

Chandrasekhara Venkata Raman (चन्द्रशेखर वेङ्कट रामन्), nado en Madrás o 7 de novembro de 1888 e finado en Bangalore o 21 de novembro de 1970, foi un físico indio.

Sir Chandrashekhara Venkata Raman
Chandrasekhara Venkata Raman
Datos persoais
Nacemento7 de novembro de 1888
LugarIndia Trichinopoly, Madrás, India
Falecemento21 de novembro de 1970 (82 anos)
LugarIndia Bangalore, Karnataka, India
ResidenciaNova Delhi
NacionalidadeIndia India
CónxuxeLokasundari Ammal (1907-1970)
FillosVenkatraman Radhakrishnan e Chandrasekhar (Raja) Raman
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Calcuta
Contribucións e premios
Coñecido porDescubrir a forma de traspasar un raio de luz sobre líquidos.
PremiosPremio Nobel de Física (1930)
Premio Lenin da Paz (1957)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A temperá idade trasladouse á cidade de Visakhapatnam, Andhra Pradesh. Completou a súa lincenciatura e doutoramento en física e inglés no Colexio Presidencia de Madrás. Obtivo praza nos Servizos Civís Indios como asistente do supervisor xeral en Calcuta.

Foi profesor de física na cátedra Palit da Universidade de Calcuta entre 1917 e 1933 e foi alí onde foi recoñecido o seu traballo no campo da óptica. En 1919 foi nomeado secretario honorario da Asociación India para o Progreso das Ciencias e entre 1933 e 1948 foi director do Instituto Indio de Ciencia de Bangalore. En 1929 recibiu o título de cabaleiro (sir).

Inicialmente as súas investigacións dirixíronse cara ao estudo das vibracións e a problemas de acústica, pero cara a 1920 empezou a investigar sobre a difracción da luz e a dos raios X.

En 1928 foi o descubridor do chamado efecto Raman, que tivo lugar ao irradiar un líquido transparente ou un vapor cunha luz monocromática e estudar o espectro da luz difundida, no que se observaban variacións de frecuencia, segundo as predicións teóricas formulasda en 1923 por A. G. S. Smekal.

Por este descubrimento, en 1930 foi galardoado co premio Nobel de Física.

Desde 1949 fundou e formou parte do consello directivo do Instituto Raman de Investigación.

Algúns dos seus escritos son:

  • Molecular Diffraction of Light (Difracción molecular da luz, 1922)
  • The New Physics; Talks on Aspects of Science (A nova física; charlas sobre aspectos da ciencia, 1951).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar