Harold Pinter
Harold Pinter, nado en Hackney (Londres) o 10 de outubro de 1930 e finado en Londres o 24 de decembro de 2008, foi un dramaturgo e guionista cinematográfico inglés. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 2005.
Harold Pinter ![]() | |
---|---|
![]() | |
Alcume | David Baron |
Nacemento | 10 de outubro de 1930 |
Londres | |
Falecemento | 24 de decembro de 2008 |
Londres | |
Causa | cancro de fígado |
Soterrado | Cemitério de Kensal Green |
Nacionalidade | ![]() |
Etnia | Pobo xudeu |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Central School of Speech and Drama e Royal Academy of Dramatic Art |
Ocupación | dramaturgo, actor, director de cinema, guionista, escritor, director teatral, poeta, novelista e realizador |
Pai | Jack Haim Pinter |
Nai | Frances Moskowitz |
Cónxuxe | Vivien Merchant e Antonia Fraser |
Fillos | Daniel Brand |
Coñecido/a por | The Room, The Birthday Party, The Dumb Waiter e The Caretaker |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Cabaleiro da Lexión de Honra, Laurence Olivier Award, Comandante da Orde do Imperio Británico, Hermann Kesten Prize, Premio Franz Kafka, Premio América de literatura, Sretenje Order, Companion of Honour, membro da Royal Society of Literature, Austrian State Prize for European Literature, Society of London Theatre Special Award, Critics' Circle Award for Distinguished Service to the Arts e Europe Theatre Prize |
Na rede | |
http://www.haroldpinter.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Harold Pinter introduciuse no mundo do teatro como actor. A súa primeira peza foi The Room (1957), cun único acto. Despois escribiu moitas comedias, como The Birthday Party (1958), The Caretaker (1960), The Dumb Waiter (1960) ou The Homecoming (1965).
Dedicouse tamén intensamente á radio e a televisión: The Collection (1961), The Lover (1963) e colaborou co director J. Losey. Entre as súas obras recentes están Vellos tempos (Old Times, 1971), No Man's Land (1975), Betrayal (1978) e The Hothouse (1980), Mountain Language (1988), Moonlight (1993), Ashes to Ashes (1996) e Celebration (2000), nas que alternan momentos sombríos e momentos de farsa.
Harold Pinter é tamén un activista político, crítico coa Guerra de Iraq, os gobernos de George W. Bush e Tony Blair, o tratamento turco dos kurdos e defensor de Fidel Castro e Slobodan Milošević. Unha boa mostra da súa ideoloxía pode verse no seu polémico discurso de aceptación do Nobel.
Obra editar
O teatro de Pinter ten como referentes a Franz Kafka, Samuel Beckett e o teatro do absurdo. Os protagonistas padecen as neuroses do home contemporáneo e ocultan os seus sentimentos. A linguaxe é coloquial e está chea de ambigüidades, pausas e silencios, ademais da sensación de inadecuación expresiva.
As dúas obras de Pinter publicadas en galego foron Vellos tempos e A festa de aniversario, nun mesmo volume[1].
Vida persoal editar
Casado dúas veces, a segunda con Antonia Fraser. Morreu dun cancro de fígado[2].
Notas editar
- ↑ Harold Pinter – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ UK playwright Harold Pinter dies, BBC, 25/12/08
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harold Pinter |
Ligazóns externas editar
- Sitio web oficialArquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina do Premio Nobel