Ambigüidade

incerteza que se da cando unha mensaxe pode ser interpretada de varias formas

A ambigüidade na pragmática existe cando unha forma ten dous ou máis significados.

Exemplo dunha imaxe ambigua: ás veces vese un coello, ás veces vese un pato.

Ambigüidade léxica

editar

Ambigüidade en forma de morfema ou palabra. Dáse cando nun lexicón unha entrada permita máis dunha interpretación para unha soa palabra, é dicir, dáse cando unha mesma palabra admite dous ou máis significados distintos. Ofrece problemas de comprensión ó receptor, a única solución é recorrer ó contexto ou á situación.

As palabras soan igual pero os seus significados son diferentes. Hai unha coincidencia gráfica de dúas ou máis palabras que teñen significados distintos. Prodúcense por coincidencia dos significantes de diversos signos.

  • Banco .-Establecemento público de creto, constituído en sociedade por accións.
  • Banco .-Establecemento médico onde se conservan e almacenan órganos, tecidos ou líquidos fisiolóxicos humanos para cubrir necesidades cirúrxicas, de investigación etc.
  • Banco .-Conxunto de peixes que van xuntos en gran número.

Palabras que se pronuncian igual pero a súa escrita e os seus significados son diferentes.

  • Vaca - baca

Palabras cuxa escrita e pronunciación son idénticas, aínda que os seus significados sexan distintos.

acha (anaco de madeira), acha (verbo).

Ambigüidade estrutural

editar

Dáse nunha oración ou frase cando ten dous ou máis significados debido á estrutura, xa sexa polo agrupamento ou a distinta función gramatical:

Ambigüidade de agrupamento

editar

Oración que ten dúas estruturas posibles, por exemplo, o seguinte letreiro: Alúgase vivenda con garaxe / para mozas / con calefacción (¿as mozas teñen que ter calefacción?) ou a secuencia Véndense zapatos de pel de señora.

Ambigüidade funcional

editar

Dáse cando unha palabra ou frase completa dous ou máis relacións gramaticais, os morfemas e grupos son iguais para ambos significados: Pasarei só este verán aquí.


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.