Édouard Daladier

político francés
(Redirección desde «Edouard Daladier»)

Édouard Daladier, nado en Carpentras o 18 de xuño de 1884 e finado en París o 10 de outubro de 1970, foi un político francés, deputado polo Partido radical socialista de Vaucluse, ministro e xefe do goberno francés.

Modelo:BiografíaÉdouard Daladier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1884 Editar o valor en Wikidata
Carpentras, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de outubro de 1970 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrave of Édouard Daladier (en) Traducir
Cemiterio do Père-Lachaise, 72 48°51′49″N 2°23′29″L / 48.863501, 2.391264 Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Aviñón
3 de maio de 1953 – 8 de decembro de 1958
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Francia

26 de novembro de 1951 – 27 de outubro de 1955
Deputado da Asemblea Nacional
2 de xuño de 1946 – 8 de decembro de 1958
Circunscrición electoral: Vaucluse
Presidente do Consello de Francia
10 de abril de 1938 – 20 de marzo de 1940
← Léon BlumPaul Reynaud (pt) Traducir →
Presidente do Consello de Francia
30 de xaneiro de 1934 – 7 de febreiro de 1934
← Camille Chautemps (pt) TraducirGaston Doumergue →
Presidente do Consello de Francia
31 de xaneiro de 1933 – 26 de outubro de 1933
← Joseph Paul-Boncour (pt) TraducirAlbert Sarraut →
Deputado da Asemblea Nacional
16 de novembro de 1919 – 31 de maio de 1942
Circunscrición electoral: Vaucluse
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Radical e Radical Socialista
Partido Republicano, Radical e Radical-Socialista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMadeleine Laffont Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.262) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1209087 Discogs: 1150101 Find a Grave: 7872 Editar o valor en Wikidata


Edouard Daladier, no centro da imaxe

Traxectoria

editar

Convencido o primeiro ministro inglés Neville Chamberlain, logo das conferencias con Adolf Hitler en Berchtesgaden, en Godesberg e finalmente en Múnic os días 15, 22 e 29 de setembro de 1938, respectivamente, de que só a transferencia dos Sudetes de Checoslovaquia ao Terceiro Reich alemán podía evitar a guerra, aconsella a Daladier, nesa data xefe do goberno francés, que admita a anexión. Pouco despois, os Gobernos británico e francés, á súa vez, premen ao goberno checo para que da súa conformidade ás esixencias de Hitler. Unha vez conseguido polo ditador alemán o que quere e tras o seu compromiso por escrito de respectar a soberanía do resto de Checoslovaquia, Chamberlain e Daladier son recibidos ao seu regreso de Múnic por multitudes delirantes de alegría que cren que salvaron a paz mundial. Con todo, os acordos de Múnic serán un fracaso xa que a segunda guerra mundial empezará o 1 de setembro de 1939 coa invasión alemá de Polonia e entrando Francia, nela, dous días despois.

En marzo de 1940 foi substituído por Paul Reynaud á fronte do goberno francés nun intento de dar maior firmeza á dirección da guerra francesa. Cando finalizou a segunda guerra mundial, Daladier volveu ao Parlamento a liderar o Partido Radical Socialista. En 1958 retirouse cando se opuxo á Constitución dese ano.