Sirimavo Bandaranaike

política srilankesa

Sirima Ratwatte Dias Bandaranaike (en cingalés: සිරිමා රත්වත්තේ ඩයස් බණ්ඩාරනායක, en támil: சிறிமா ரத்வத்தே டயஸ் பண்டாரநாயக்கே), nada en Colombo o 17 de abril de 1916 e finada na mesma cidade o 10 de outubro de 2000, foi unha política cingalesa coñecida comunmente como Sirimavo Bandaranaike.[1][2] Foi a primeira muller en acadar a xefatura do goberno de forma non hereditaria na historia moderna, ao ser elixida primeira ministra de Sri Lanka en 1960. Ocupou o cargo en tres períodos, 1960–1965, 1970–1977 e 1994–2000.

Infotaula de personaSirimavo Bandaranaike

(1960) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(si) සිරිමාවෝ රත්වත්තේ ඩයස් බණ්ඩාරනායක Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1916 Editar o valor em Wikidata
Baḷangoḍa (Imperio Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 2000 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Kadawatha, Sri Lanka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Primeiro-ministro do Sri Lanka (pt) Traducir
14 de novembro de 1994 – 10 de agosto de 2000
← Chandrika KumaratungaRatnasiri Wickremanayake (pt) Traducir →
Member of the Parliament of Sri Lanka (en) Traducir
19 de agosto de 1994 – 10 de agosto de 2000
Circunscrición electoral: National List Member of Parliament (en) Traducir
Leader of the Opposition (en) Traducir
9 de marzo de 1989 – 24 de xuño de 1994
← Anura Bandaranaike (en) TraducirGamini Dissanayake (en) Traducir →
Member of the Parliament of Sri Lanka (en) Traducir
15 de febreiro de 1989 – 16 de agosto de 1994
Circunscrición electoral: Gampaha Electoral District (en) Traducir
Leader of the Opposition (en) Traducir
7 de xuño de 1970 – 18 de maio de 1977
← Dudley Senanayake (en) TraducirJunius Richard Jayewardene →
Primeiro-ministro do Sri Lanka (pt) Traducir
29 de maio de 1970 – 23 de xullo de 1977
← Dudley Senanayake (en) TraducirJunius Richard Jayewardene →
Member of the Parliament of Sri Lanka (en) Traducir
5 de abril de 1965 – 16 de outubro de 1980
← James Peter Obeyesekere III (en) TraducirLakshman Jayakody (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Attanagalla Electoral District (en) Traducir
Primeiro-ministro do Sri Lanka (pt) Traducir
21 de xullo de 1960 – 27 de marzo de 1965
← Dudley Senanayake (en) TraducirDudley Senanayake (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSri Lanka Editar o valor em Wikidata
RelixiónTheravada Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Bridget's Convent, Colombo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , diplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSri Lanka Freedom Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeS. W. R. D. Bandaranaike
FillosAnura Bandaranaike (en) Traducir, Chandrika Kumaratunga, Sunethra Bandaranaike (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Ratwatte-14 Find a Grave: 10556681 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bandaranaike naceu nunha familia Kandyan aristocrática e foi educada en escolas inglesas católicas, aínda que continuou a ser budista theravada e falaba cingalés ademais de inglés. Tras graduarse da secundaria, traballou en varios programas sociais. Como axudante do seu marido, S. W. R. D. Bandaranaike, político que chegou a ser primeiro ministro, gañou a súa confianza como conselleira informal. A súa obra social centrouse na mellora da vida das mulleres e as nenas en zonas rurais de Sri Lanka. Tralo asasinato do seu marido en 1959, Sirimavo Bandaranaike entrou oficialmente en política e en 1960 converteuse na primeira muller elixida primeira ministra dun país. Ademais, foi líder do partido político Freedom Party durante catro décadas.

Bandaranaike intentou transformar a antiga colonia británica de Ceilán nunha república socialista, para o que nacionalizou organizacións bancarias, educativas, industriais, medios de comunicación e institucións do sector do comercio. Co cambio da lingua administrativa do inglés ao cingalés, aumentou o descontento entre a poboación támil. Durante os dous primeiros períodos de Bandaranaike como primeira ministra, o país sufriu unha alta inflación, así como dependencia das importacións de alimentos, alto desemprego e polarización entre as poboacións cingalesas e támiles por consecuencia das súas políticas nacionalistas cingalesas.

Bandaranaike foi a nai de Chandrika Kumaratunga, tamén líder do partido previamente liderado polos seus pais e quen tamén foi presidenta e primeira ministra de Sri Lanka. Durante o último período de Bandaranaike como primeira ministra, a súa filla ocupaba o cargo de presidenta; en virtude de que a constitución cambiara dende a última vez que fora primeira ministra, agora estaba subordinada á súa filla.

Bandaranaike faleceu sendo primeira ministra, tras ir votar o día das eleccións nacionais.

Notas editar

  1. O sufixo "vo" denota respecto. Tamén foi chamada Mrs Bandaranaike, Mrs B ou Mathini.
  2. Rettie 2000.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • C. A. Gunarwardena, « Sirima(vo) Dias Bandaranaike », in Encyclopedia of Sri Lanka, New Dawn Press, New Delhi, 2006 2ª ed. p. 39-40 ISBN 978-1932705485
  • Maureen Seneviratne, Sirimavo Bandaranaike, the World's First Woman Prime Minister: a Biography, Hansa Publishers asociada con Laklooms, Colombo, 1975, 209 p.
  • Rettie, John (24 de maio de 1993). "New ruler eases Sri Lanka tension". The Guardian (Londres, Inglaterra). p. 8. Consultado o 6 de novembro de 2018 – vía Newspapers.com. 

Ligazóns externas editar