Castela a Nova era unha rexión histórica castelá, que comprendía aproximadamente as actuais provincias de Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Madrid e Toledo. Estaba formada, basicamente, polas comarcas históricas de La Alcarria, La Sierra e A Mancha, e estaba delimitada por Castela a Vella polo norte, Aragón e Valencia ó leste, Murcia e Andalucía polo sur, e Estremadura polo oeste.

Mapa de Castela a Nova.

Historia e características

editar

A súa orixe está no reino de Toledo, taifa conquistado en 1085 polo rei Afonso VI de Castela. Desde o século XVI comezou a coñecerse como Castela a Nova.

O 1785, despois do Ordenamento territorial de Floridablanca, Castela a Nova quedou dividida nas provincias de Cuenca, Guadalaxara, A Mancha, Madrid e Toledo, quedando fóra da rexión o centro e sur da actual provincia de Albacete, que quedou integrada dentro da provincia de Murcia.

Coa división provincial de 1833 de Francisco Javier de Burgos, a provincia da Mancha substituíuse pola de Cidade Real, aínda que parte do seu territorio tamén pasou ás provincias de Toledo, Cuenca e Albacete, provincia inexistente ata entón e que se creou con territorios das antigas provincias de Cuenca, A Mancha e Murcia, e quedou integrada administrativamente dentro da Rexión de Murcia, aínda que a maior parte da provincia formaba parte da Mancha.

Hoxe en día Castela a Nova non ten entidade política e o seu antigo territorio corresponde aproximadamente ás comunidades de Madrid e Castela-A Mancha.

Véxase tamén

editar