Abrir o menú principal

Tripla Alianza (1717)

A Tripla Alianza, pactada mediante a sinatura do tratado da Haia de 1717, do 4 de xaneiro de 1717 na Haia, foi a unión das Provincias Unidas dos Países Baixos, Francia e Gran Bretaña, nun intento por obrigar a España a cumprir as disposicións do tratado de Utrecht de 1713.

Contidos do acordoEditar

O 4 de xaneiro de 1717, o abade Dubois e Pierre Antoine de Châteauneuf, enviados por Filipe II de Orleans (rexente de Francia durante a minoría de idade do rei Luís XV), William Cadogan en representación de Xurxo I de Gran Bretaña e dos delegados dos Estados Xenerais dos Países Baixos, reunidos na cidade da Haia, asinaron o acordo, que incluía coma principais puntos os seguintes:[1]

  • Ratificación dos acordos pactados nos tratados de Utrecht de 1713.
  • Francia expulsaría da súa residencia en Aviñón a Xacobe Estuardo, pretendente á coroa inglesa.
  • As Provincias Unidas expulsarían do seu territorio aos partidarios de Xacobe Estuardo, considerados rebeldes contra Inglaterra.
  • Francia debería demoler o cal de Mardyke, construído tras o desmantelamento do porto de Dunquerque pactado no tratado de Utrecht.
  • En caso de que algún dos países asinantes vera invadido o seu territorio por forzas dun país estranxeiro ou tivera que facer fronte a rebelións internas, os outros dous o socorrerían con axuda militar. En tal caso, Francia e Inglaterra proporcionarían 8.000 soldados de infantería e 2.000 de cabalería cada un; as Provincias contribuirían con 4.000 infantes e 1.000 xinetes. A requirimento do país invadido, estas tropas poderían ser substituídas por unha forza naval equivalente. Este punto só tería validez nos territorios dos asinantes en Europa.

RepercusiónsEditar

En 1718, coa adhesión do Sacro Imperio Romano Xermánico mediante a firma do tratado de Londres, converteuse na Cuádrupla Alianza.

NotasEditar

  1. Texto do acordo (inglés).