José Lamela Bautista

enxeñeiro, escritor e político galego

José Lamela Bautista, nado en Padrendo (Lobios) o 1 de novembro de 1947, é un escritor e político galego do PSdeG-PSOE.

José Lamela Bautista
José Lamela Bautista.jpg
Nacemento1 de novembro de 1947
 Padrendo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, político, historiador, xornalista e enxeñeiro industrial
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Realizou estudos de Enxeñería Técnica Industrial. Emigrou a Barcelona en 1973, onde traballou no sector de hidrocarburos e foi Director de Obra na Empresa OHL.

Dirixiu e presentou dende o ano 2000 o programa radiofónico cultural Sempre en Galicia de Radio Cornellá. Dende 2004 é membro do Xurado dos premios literarios Rosalía de Castro de poesía e Rosa Reboredo de narrativa de Cornellà de Llobregat. Foi fundador da asociación protectora de medio ambiente Amigos de Río Caldo, e da Plataforma pola defensa de Río Caldo.

Un numeroso grupo de mártires fue ofrecido desde los primeros tiempos del cristianismo a las persecuciones paganas y, de entre ellos, Santa Eufemia se convirtió en la mártir emblemática del Xurés.

El Xurés y sus misterios.

Publicou numerosos traballos de investigación histórica sobre a Xurés en revistas como Auria, Arraianos, Nós, Xurdimento e Lúa Nova, da que tamén forma parte do consello de redacción. É colaborador permanente de La Región e do xornal de Terras de Bouro Geresâo.

Hai unha lei local non escrita que vén a dicir: Practíquese a costume piadosa de tocar as campás cada vez que se suba ao santuario do Xurés, para que o seu son escorrente a tódolas forzas malignas escondidas nos recunchos da serra.

A Virxe do Xurés.

É socio fundador de CALIDUM-Clube de Autores Minhoto/Galaicos.

No ano 2015 foi recoñecido como Xuíz Honorario[1] do Couto Mixto.

Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía de Lobios encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG.


Predecesor:
Benito Vázquez Vázquez
  
Alcalde de Lobios
 
2007 - 2011
Sucesor:
María del Carmen Yáñez Salgado

ObrasEditar

  • El Xurés y sus misterios (CALIDUM - Clube de Autores Minhoto/Galaicos, 2000).
  • A Virxe do Xurés. (Asociación Amigos da Virxe do Xurés, 2016).

NotasEditar

  1. "O Couto Mixto elixe aos seus Xuíces Honorarios". La Región. 9 de maio de 2015. Consultado o 2020-04-19. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar