Ana Romero Masiá
Ana María Romero Masiá, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1952, é unha historiadora e profesora galega.[1]
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1952 (72 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiadora, arqueóloga, escritora |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé Manuel Pose Mesura |
Traxectoria
editarFixo a licenciatura de Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Traballou ata a súa xubilación como Catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas da Coruña, do que foi directora en 2012.[2]
Durante a década dos 80 foi a arqueóloga encargada das escavacións do castro de Borneiro.[3]
En 2022 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega[4] e desde 2023 preside o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.[5]
Vida persoal
editarEstivo casada con Xosé Manuel Pose Mesura,[6] catedrático de latín no ensino secundario e delegado do goberno en Galicia.[2]
Obra
editar- Libro de Sociais de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO[1]
- Catalogación arqueolóxica da ría de Ferrol (1986). A Coruña : Padroado do Museu Arqueolóxico Provincial. ISBN 84-505-3915-3 (en colaboración con Xosé Manuel Pose Mesura).
- Castro de Borneiro: campañas 1983-84 (1987). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-505-5078-5
- Galicia nos textos clásicos (1988). A Coruña: Padroado do Museu Arqueolóxico Provincial, 1988. ISBN 84-505-7380-7 (en colaboración con Xosé Manuel Pose Mesura).
- A fábrica de tabacos da Palloza: producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas (1997). A Coruña: Federación de Alimentación, Bebidas e Tabacos de Galicia, UGT. ISBN 84-605-6245-X
- Salgadeiras e conserveiras de pescado en Galicia: evolución histórica e o traballo das mulleres (2000). A Coruña: Federación de Alimentación, Bebidas e Tabacos de Galicia UGT. ISBN 84-607-0242-1 (en colaboración con José Alfeirán Rodríguez).
- Historia contemporánea e cine. Modelos de aproveitamento didáctico (2004). A Coruña: Baía. ISBN 84-96128-72-5 (en colaboración con José Alfeirán Rodríguez).
- O orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña (2005). A Coruña: Baía. ISBN 84-96526-01-1 (en colaboración conCarlos Pereira Martínez)
- A Coruña liberal, 1808-1874 a loita polas liberdades a través da documentación municipal (2005). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96526-00-3
- María Barbeito (2014). Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970). (2014). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-141-6
- Mercedes Tella Comas (1868-1934). (2022). A Coruña: Baía.
Obras colectivas
editar- Itinerarios naturais: A Frouxeira (1979).
- Historia do Mundo Contemporáneo. Textos escollidos (1986)
- Historia do Mundo Contemporáneo. Guía do curso (1987)
- Traballos prácticos de Xeografía (1987).
- A Historia das civilizacións a través do cine (1989).
- Historia do Mundo Contemporáneo. Guía da Revolución Francesa (1989)
- A Coruña romana (1989).
- Ferrol a través dos textos literarios e históricos (1990, reed. 1995)
- Castelao, ilustrador de "El cuento semanal" (1992).
- Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria (1995).
- A Coruña na época da Ilustración. 1700-1808 (1997).
- A Coruña: evolución urbanística. Planos e imaxes (1997).
- Republicanismo coruñés. Aproximación histórica e selección documental. 1868-1936 (2001).
- Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936( 2003). (en colaboración con Carlos Pereira).
- Severino Chacón. Líder sindical do mundo do tabaco (2003). Fundación Luís Tilve. ISBN 84-95773-02-3 (en colaboración con Severino Chacón).
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza (2005). Baía Edicións.
- Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República (2011). Fundación Luís Tilve. (en colaboración con Carlos Pereira).
Premios
editar- Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Carlos Pereira.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ficha da autora Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. en Baía Edicións
- ↑ 2,0 2,1 "Fallece el exdelegado del Gobierno José Manuel Pose Mesura". laopinioncoruna.es/coruna (en castelán). 5-11-2012. Consultado o 1-12-2019.
- ↑ Un balneario castreño en Bergantiños La Voz de Galicia, 9/3/2011 (en castelán)
- ↑ "A historiadora Ana Romero Masiá, académica correspondente". Real Academia Galega. 15 de outubro de 2022.
- ↑ Laura Veiga (5 de xullo de 2023). "Ana Romero, directora do Instituto José Cornide: "Confío en que a situación do Instituto mude drasticamente de aquí a un ano"". Nós.
- ↑ Millares, E. (27-7-2008). "El amor nació y creció en Cabana". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 1-12-2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Romero Masiá |
Bibliografía
editar- "Romero Masiá, Ana María". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 207.
- "Romero Masiá, Ana María". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 394. ISBN 84-7492-465-0.