Cornelius Vanderbilt

Cornelius Vanderbilt I, nado en Staten Island o 27 de maio de 1794 e finado en Manhattan o 4 de xaneiro de 1877, tamén coñecido como O Comodoro ("The Comodore")[1][2] ou Comodoro Vanderbilt, foi un empresario estadounidense que amasou a súa fortuna grazas ao transporte mediante barcos e ferrocarrís.[3] Foi o patriarca da familia Vanderbilt.

Modelo:BiografíaCornelius Vanderbilt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1794 Editar o valor en Wikidata
Staten Island, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1877 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMoravian Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrailway executive (en) Traducir, emprendedor Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamília Vanderbilt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFrank Armstrong Crawford Vanderbilt (1869–1877)
Sophia Johnson (1813–1868) Editar o valor en Wikidata
FillosPhoebe Jane Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Ethelinda Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Eliza Vanderbilt
 () Sophia Johnson
William Henry Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Emily Almira Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Sophia Johnson Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Maria Louisa Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Frances Lavinia Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Cornelius Jeremiah Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Mary Alicia Vanderbilt
 () Sophia Johnson
Catherine Juliette Vanderbilt
 () Sophia Johnson
George Washington Vanderbilt
 () Sophia Johnson Editar o valor en Wikidata
PaisCornelius Vanderbilt Editar o valor en Wikidata  e Phebe Hand Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Vanderbilt-1 Find a Grave: 1058 Editar o valor en Wikidata

No negocio ferroviario, a compañía de Vanderbilt era a Accessory Transit Company (compañía de tránsito accesorio).[4]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Vanderbilt era o cuarto de nove fillos de Cornelius Vanderbilt e Phebe Hand, cuxa modesta familia vivía en Port Richmond, en Staten Island (cidade de Nova York).

O seu cuarto avó (pai do seu tataravó), Jan Aertson, era un granxeiro neerlandés da vila de De Bilt na provincia de Utrecht, que emigrou a Nova Ámsterdan (actual Nova York) en 1650, sendo contratado alí como servente. O termo holandés "van der" (dos) foi finalmente unido ao nome do seu poboado natal para crear "van der Bilt", que posteriormente se condensou en Vanderbilt. A maior parte dos devanceiros de Vanderbilt eran ingleses, sendo Jacob Vanderbilt, o seu avó, o último de orixe neerlandesa.

Cornelius Vanderbilt casou o 19 de decembro de 1813 coa súa curmá e veciña, Sophia Johnson (1795-1868), filla da súa tía Elizabeth Hand Johnson, que era irmá da súa nai.

Imperio de transbordadores

editar

Durante a súa mocidade, Cornelius Vanderbilt traballou nos transbordadores de Nova York, abandonando a escola á idade de once anos. Contra os 16 anos estaba a operar o seu propio negocio de transporte de pasaxeiros entre Staten Island e Manhattan.

Durante a guerra de 1812, recibiu un contrato gobernamental para proporcionar subministracións aos fortes situados ao redor da cidade de Nova York, por medio de goletas a vela, oficio polo que obtivo o seu alcume de "Comodoro".

En 1818 dirixiu a súa atención cara aos barcos de vapor. A lexislación neoiorquina outorgaba a Robert Fulton e Robert Livingston un monopolio legal sobre o tráfico de embarcacións de vapor, o que prohibía legalmente a competencia. Traballando para Thomas Gibbons, Vanderbilt competía mellorando os prezos ofrecidos por Fulton e Livingston para o servizo entre New Brunswick (Nova Jersey) e Manhattan, un importante tramo da ruta comercial entre Nova York e Filadelfia.

Vanderbilt logrou fuxir dos que buscaban arrestalo e confiscar a súa embarcación. Livingston e Fulton ofrecéronlle un lucrativo emprego pilotando o seu barco, pero Vanderbilt rexeitou a oferta dicindo "non me importa tanto facer diñeiro, senón probar os meus argumentos e obter unha vantaxe". Para Vanderbilt, o argumento era a superioridade da libre competencia e a maldade dos monopolios gobernamentais.[5] Por mor disto Livingston e Fulton interpuxeron unha demanda; o caso chegou á Corte Suprema dos Estados Unidos e finalmente acabou co monopolio de Fulton e Livingston.

En 1829 Vanderbilt independizouse para proporcionar servizo de barco a vapor no río Hudson entre Manhattan e Albany, Nova York. Na década de 1840 tiña 100 barcos a vapor percorrendo o Hudson e a reputación de contar con máis empregados que ningún outro negocio nos Estados Unidos.

Durante a febre do ouro de California en 1849, ofreceu transporte por medio dun atallo pasando por Nicaragua cara a California, eliminando 960 quilómetros do percorrido e un 50% sobre o custo dunha viaxe a través do istmo de Panamá.

Imperio ferroviario

editar
 
Vista cara ao extremo norte do túnel Murray Hill cara á estación en 1880; aprécianse os rótulos para os ferrocarrís de Nova York e Harlem e de Nova York e New Haven; o Central de Nova York e o Río Hudson situábase ao lado esquerdo. Os dous portais de maior tamaño á dereita permitían que os trens tirados por cabalos continuasen cara á cidade.

O papel que tivo Vanderbilt no desenvolvemento inicial do ferrocarril levouno a ser vítima dun dos primeiros accidentes nos Estados Unidos. O 11 de novembro de 1833, Vanderbilt viaxaba como pasaxeiro nun tren de Camden & Amboy que descarrilou nuns prados próximos a Hightstown, Nova Jersey debido á rotura do eixo dun vagón. Pasou un mes recuperándose das feridas, dúas costelas fracturadas e un pulmón perforado. No mesmo accidente resultou ileso o Presidente dos Estados Unidos John Quincy Adams, que viaxaba nun vagón diante do descarrilado.

En 1844, Vanderbilt foi elixido director do ferrocarril de Long Island, que contaba cunha ruta entre Boston e Nova York por medio dun transbordo en barco de vapor.[6] En 1857 foi nomeado director do ferrocarril de Nova York e Harlem.[7]

A inicios da década de 1860, Vanderbilt comezou a retirar o seu capital do negocio naviero e investilo en ferrocarrís. Adquiriu o ferrocarril de Nova York e Harlem en 1862-63, o ferrocarril do Río Hudson en 1864 e o Ferrocarril Central de Nova York en 1867. En 1869 fusionounos no ferrocarril Central de Nova York e o Río Hudson.

Grand Central Depot

En outubro de 1871, Vanderbilt formalizou unha sociedade co ferrocarril de Nova York e New Haven, uníndoo cos ferrocarrís da súa propiedade para consolidar as súas operacións nunha terminal, situada na rúa 43 Oeste, chamada Grand Central Depot, que foi a primeira Grand Central Terminal, onde se atopa unha estatua de Vanderbilt. O teito de cristal da estación afundiuse durante unha sarabiada o mesmo día que morreu Vanderbilt, en 1877. A estación foi substituída no período de 1903 a 1913.

Rivalidade con Jay Gould

Contra 1873, estendera as súas liñas férreas ata Chicago, Illinois. Por esta época Vanderbilt tentou obter o control do ferrocarril de Erie, o que o puxo en conflito directo con Jay Gould, quen era dono do ferrocarril. Gould gañou a batalla polo control "diluíndo" as súas accións, que Vanderbilt comprou en grandes cantidades. Este perdeu máis de 7 millóns de dólares no seu intento por obter o control, aínda que despois Gould recuperou a maior parte deste diñeiro.

Vanderbilt estaba afeito a obter o que desexaba, pero aparentemente atopou a súa medida en Jay Gould. Vanderbilt dixo con relación á súa derrota, "nunca coucees un raposo". Non foi a última vez que Gould desafiase un dos Vanderbilt. Anos despois de que morrese o seu pai, William Vanderbilt fíxose co control da compañía de telégrafos Western Union. Entón Gould inaugurou a American Telegraph Company, case logrando sacar a Western Union do negocio; isto deixou a William coa única opción de adquirir as accións de Gould, quen obtivo unha enorme ganancia na transacción.

Últimos anos e filantropía

editar

Á morte da súa esposa, Vanderbilt foise ao Canadá, onde o 21 de agosto de 1869 contraeu segundas nupcias cunha curmá, a señorita Crawford, orixinaria de Mobile, Alabama. A nai de Crawford, e a súa futura sogra, era irmá de Phebe Hand Vanderbilt (nai do Comodoro) e de Elizabeth Hand Johnson (antiga sogra e tía de Vanderbilt). A señorita Crawford era 43 anos menor que o seu esposo. Foi o seu sobriño quen convenceu a Cornelius Vanderbilt de financiar o que finalmente foi a Universidade Vanderbilt.

Adoitaba dicir que as mulleres compraban as súas accións debido á súa fotografía no certificado de adquisición. No seu testamento, desherdou a todos os seus fillos excepto a William, que era tan implacable nos negocios como o seu pai, e o único que Cornelius creu capaz de manter o seu imperio.

Á súa morte aos 82 anos, estimábase a fortuna de Vanderbilt en máis de 100 millóns de dólares. Legou 95 millóns ao seu fillo William, pero "só" 500 000 a cada unha das súas oito fillas. A súa esposa recibiu 500 000 dólares en efectivo, a súa modesta residencia na cidade de Nova York e 2000 accións comúns do ferrocarril Central de Nova York.

Vanderbilt doou apenas unha pequena parte da súa fortuna á beneficencia, incluíndo un millón de dólares para a Universidade Vanderbilt e 50 000 á Igrexa dos Estraños na cidade de Nova York. O seu estilo de vida era modesto, deixando aos seus descendentes a construción das Residencias Vanderbilt que caracterizaron a posguerra civil dos Estados Unidos.

Cornelius Vanderbilt foi enterrado na cripta familiar no cemiterio Moravo de New Dorp, Staten Island. Tres das súas fillas e o seu fillo Cornelius Jeremiah Vanderbilt non aceptaron o testamento alegando que o seu pai tiña delirios de tolemia e non estaba ben da cabeza. A infrutuosa batalla legal durou máis dun ano, levando ao suicidio a Cornelius Jeremiah en 1882.

Descendentes

editar

Xunto coa súa esposa Sophia, Cornelius Vanderbilt tivo 13 fillos, dos que 12 alcanzaron a idade adulta:

  1. Phebe Jane Vanderbilt (Cros) (1814–1878)
  2. Ethelinda Vanderbilt (Allen) (1817–1889)
  3. Eliza Vanderbilt (Osgood) (1819–1890)
  4. William Henry "Billy" Vanderbilt (1821–1885)
  5. Emily Almira Vanderbilt (Thorn) (1823–1896)
  6. Sophia Johnson Vanderbilt (Torrance) (1825–1912)
  7. Maria Louisa Vanderbilt (Clark Niven) (1827–1896)
  8. Frances Lavinia Vanderbilt (1828–1868)
  9. Cornelius Jeremiah Vanderbilt (1830–1882)
  10. George Washington Vanderbilt I (1832–1836)
  11. Mary Alicia Vanderbilt (LaBau Berger) (1834–1902)
  12. Catherine Juliette Vanderbilt (Barker LaFitte) (1836–1881)
  13. George Washington Vanderbilt II (1839–1864)[8]

Cornelius Jeremiah Vanderbilt non tiña fillos cando se suicidou en 1882 e George Washington Vanderbilt morre durante a guerra civil antes de ter descendencia.

Gloria Vanderbilt, tataratataraneta de Vanderbilt é unha recoñecida deseñadora de moda. O seu fillo máis novo, Anderson Cooper, é un presentador de informativos en televisión. Outro descendente, a través de Emily Thorn Vanderbilt, filla de Billy, é o actor Timothy Olyphant.[9]

Aparicións en obras artísticas

editar
  • Vanderbilt é unha das personaxes da serie documental The Men Who Built America.[10]
  • En Atlas Shrugged, Ayn Rand baseouse en parte en Vanderbilt para crear a personaxe de Nat Taggart.
  • No seu libro Capitalism: the Unknown Ideal, Ayn Rand describe as batallas entre Vanderbilt e os corruptos políticos neoiorquinos da época.
  1. "Surname Database". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2006. Consultado o 20 de maio de 2006. 
  2. "Business Biography". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2006. Consultado o 05 de decembro de 2006. 
  3. Vanderbilt,
  4. "Blaine's Mega Tree". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  5. Hull, Gary. The Abolition of Antitrust, Transaction Publishers, 2005, p. 77
  6. PRR Chronology 1844
  7. PRR Chronology 1857
  8. Stiles, T.J. (2009). The First Tycoon: The Epic Life of Cornelius Vanderbilt. Nova York: Knopf. ISBN 978-0-375-41542-5. 
  9. Vanderbilt, Arthur T. (1989). Fortune's Children. Sphere. p. 7. ISBN 978-0-7474-0620-4. 
  10. "Gigantes de la Industria - Personajes". 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar