Abrir o menú principal

Jesús María de Leizaola

político español

Jesús María de Leizaola Sánchez, nado en Donostia o 7 de setembro de 1896 e finado o 16 de marzo de 1989, foi un político vasco, lehendakari do Goberno Vasco no exilio entre 1960 e 1979.

Jesús María de Leizaola
Leizaola Lehendakaria.jpg
Nacemento7 de setembro de 1896
 Donostia
Falecemento16 de marzo de 1989
 Donostia
SoterradoPolloe Cemetery
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico
PremiosCross of the Tree of Guernica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciou a súa andadura política como deputado do PNV no Congreso dos Deputados durante a Segunda República. Trala guerra civil foi membro do goberno do lehendakari José Antonio Aguirre como Conselleiro de Xustiza e Cultura. Foi nomeado Lehendakari en 1960, logo do pasamento de Aguirre.

O Lehendakari Leizaola desenvolveu o seu labor no exilio, fixando a súa residencia en París, dende onde se dedicou a denunciar a ditadura. En 1979, logo de 43 anos de exilio, volveu ao País Vasco, que nese momento iniciaba a recuperación da democracia e o autogoberno. Compaxinou o seu labor político con inquietudes literarias e intelectuais. Foi autor de literatura vasca e de estudos de poesía.


Predecesor:
José Antonio Aguirre
  
Lehendakari
 
1960 - 1979
Sucesor:
Carlos Garaikoetxea