Abrir o menú principal

Paco Buyo

(Redirixido desde "Francisco Buyo")

Francisco Buyo Sánchez, nado en Betanzos o 13 de xaneiro de 1958, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Francisco Buyo
Buyo (cropped).jpg
Información persoal
Nome completo Francisco Buyo Sánchez
Nacemento 13 de xaneiro de 1958 (61 anos)
  Betanzos
Nacionalidade España
Altura 1,79 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1972–1973 Ural
1973–1975 Betanzos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1975–1976 Mallorca 16 (0)
1976–1980 Deportivo da Coruña 122 (0)
1978–1979Huesca (cedido)
1980–1986 Sevilla 199 (0)
1986–1997 Real Madrid 343 (0)
Selección nacional
1977 España sub-20 3 (0)
1977–1978 España sub-21 3 (0)
1979–1987 España sub-23 4
1979–1983 España afeccionados 11 (0)
1980 España B 1 (0)
1983–1992 España 7 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nos seus comezos no Ural CF, Buyo xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo. Ó ano seguinte fichou polo Betanzos CF, onde permaneceu ata a súa fichaxe polo Mallorca. Non tardou en fixarse nas súas cualidades como porteiro o Deportivo de La Coruña, que entón xogaba na Segunda División, e que xa intentara facerse cos seus servizos. Esa tempada debutou como internacional sub-21, participando posteriormente nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova.

Buyo permaneceu na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978–79) na que foi cedido ó Huesca mentres realizaba o servizo militar en Jaca. Na tempada 1980–81 deu o salto á Primeira División, fichando polo Sevilla, e acadando en seguida a titularidade. Militaba no equipo hispaliense cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con España, defendendo as cores da selección no histórico partido España-Malta que daría o pase ao equipo vermello para a Eurocopa de 1984, e encaixando un gol, o que probablemente lle pechou o camiño a seguir na Selección.

A súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o Real Madrid, que se fixo cos seus servizos en 1986. Neste club recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996. En 1997 abandonou o cadro merengue e colgou as botas.

Foi un dos porteiros máis seguros e espectaculares da Liga. Destacou especialmente en partidos como o disputado fronte á Juventus no Santiago Bernabéu na Copa de Europa de 1986–87. Xogou en total 542 partidos en Primera División, sendo o primeiro xogador en acadar a cifra de 500 partidos.

En 1998 concedéuselle a Medalla ó Mérito no Traballo. Actualmente é comentarista de partidos de fútbol para a TVE.

PalmarésEditar

ClubEditar

Real Madrid

PaísEditar

IndividualEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Sotillo Oñoro, Fernando (1995): Buyo. 500 partidos. Diario As.

Ligazóns externasEditar