José López Rodríguez (futbolista)

futbolista español

José López Rodríguez, nado en Valdoviño o 22 de marzo de 1942, é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e defensa. Despois de xogar no Racing de Ferrol e no Celta de Vigo emprendeu un periplo por numerosos equipos da xeografía española. En Primeira División xogou co Espanyol, o Granada e o Murcia, destacando especialmente neste último, do que foi capitán e co que ascendeu dende Terceira á máxima categoría.

José
Información persoal
Nome José López Rodríguez
Nacemento 22 de marzo de 1942
Lugar de nacemento Valdoviño
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Racing de Ferrol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1964 Racing de Ferrol
1964–1965 Celta de Vigo 18 (1)
1965–1966 Melilla 6 (0)
1966–1968 Europa 40 (2)
1968–1969 Espanyol 12 (0)
1969–1971 Granada 54 (2)
1971–1974 Murcia 63 (3)
1974–1975 Sant Andreu 38 (9)
1976 Murcia 9 (0)
Adestrador
1976–1978 Fabril
1977 Deportivo da Coruña
1978 Racing de Ferrol
1978 Lugo
1979–1982 Compostela
1982–1983 Pontevedra
1984–1986 Racing de Ferrol
1986–1987 Lalín
1987–1989 As Pontes
1989–1990 Racing de Ferrol
1990–1992 Burela
1992–1993 As Pontes
1993–1994 Racing de Ferrol
1994–1995 Burela
1996 Burela
2004 Xove Lago
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Como adestrador dirixiu a numerosos equipos galegos, entre eles o Fabril, o Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol, o Compostela ou o Pontevedra. É o segundo adestrador con máis partidos oficiais na historia do Racing de Ferrol, ao que adestrou en catro etapas diferentes.

TraxectoriaEditar

Como futbolistaEditar

Formouse nas canteiras do Arsenal de Ferrol e do Racing de Ferrol, subindo ao primeiro equipo deste último, que xogaba daquela en Terceira División. En agosto de 1964 fichou polo Celta de Vigo, de Segunda División, a cambio da cesión de Polito, que pasou a xogar no Racing. Naquela época xogaba no centro do campo, como medio volante.[1]

Debutou co Celta no primeiro partido da tempada 1964/65 contra o Osasuna, e marcou o gol da vitoria (1-0). Foi o seu único gol co Celta, onde só permaneceu unha tempada.

A continuación xogou no Melilla e no Europa, ambos de Segunda, e en febreiro de 1968 fichouno o Espanyol de Jenő Kálmár, para suplir as baixas do equipo.[2] Debutou en Primeira División o 11 de febreiro de 1968 nun partido contra o Club Deportivo Málaga na Rosaleda. Xogou no club barcelonés tamén na tempada 1968/69, na que o equipo acabou descendendo a Segunda.

Durante as tempadas 1969/70 e 1970/71 militou no Granada, tamén Primeira, co que disputou 59 encontros, anotando dous goles. En 1971 fichou polo Murcia, onde atrasou a súa posición ata a defensa, converteuse en capitán e logrou dous ascensos consecutivos ata a Primeira División. Tras pasar polo Sant Andreu na tempada 1974/75 regresou como secretario técnico ao Murcia, que estaba de novo en Segunda. A mala marcha do equipo fixo que os dirixentes do club lle pedisen que volvese vestir a camiseta do equipo, polo que disputou aínda 11 encontros máis en 1976.

Como adestradorEditar

En xullo de 1976 volveu a Galicia, converténdose no novo adestrador do Fabril, que xogaba na Serie A.[3][1] Baixo o seu mando o equipo logrou o ascenso á Terceira División, despois de rematar como campión. Ademais, en marzo e abril de 1977 adestrou durante tres xornadas o Deportivo da Coruña, substituíndo a Cheché Martín, que tiña problemas de saúde, e que á súa vez substituíra ao tamén enfermo Héctor Rial.[4] Os tres partidos acabaron en derrota e foi substituído por Juan Arza, volvendo a continuación ao Fabril, ao que adestrou ata o verán de 1978.

Na tempada 1978/79 debutou no banco do Racing de Ferrol no seu retorno á Segunda División, mais foi deposto tras a novena xornada, despois dos malos resultados (4 empates e 5 derrotas). Foi o primeiro dos catro adestradores do Racing esa tempada, indo tras el sucesivamente Gerardo Molina, Jesús Moreno Manzaneque e Otto Bumbel. O equipo acabou último e descendeu a Terceira.

En marzo de 1979 incorporouse ao Lugo como secretario técnico, e dirixiu o equipo nun encontro da liga de Segunda B contra o Tenerife, desvinculándose do club despois de dito partido.[5] En xuño asinou contrato como novo adestrador da SD Compostela.[6] Conseguiu na súa primeira tempada o ascenso á Segunda División B, categoría na que adestrou ao club santiagués dúas tempadas máis.

Na tempada 1982/83 dirixiu o Pontevedra en Terceira.[7] O equipo proclamouse campión do seu grupo pero caeu na primeira rolda da fase de ascenso contra o Eibar. En 1984 volveu ao Racing de Ferrol, que acababa de descender a Terceira.[8] Estivo á fronte do equipo verde dúas campañas, quedando na primeira delas terceiro e oitavo na seguinte. En 1986 pasou ao CD Lalín, en Terceira, onde estivo unha tempada, fichando a continuación polo CD As Pontes, de Segunda B.[9]

Despois de dúas tempadas nas Pontes, regresou ao Racing de Ferrol para a 1989/90 de Segunda B. Os malos resultados fixeron que o equipo se xogase a permanencia na derradeira xornada fronte ao Leganés. O equipo madrileño marcoulle 7 goles aos ferroláns nun duro partido que acabou con tres xogadores verdes expulsados (Buyo, Toño Rivas e Javi) e co partido suspendido no minuto 77 despois dunha batalla campal.[10] Tras o descenso foi substituído no banco por Cholo Pardo, e asinou contrato coa SD Burela, á que adestrou durante dúas tempadas en Terceira, estando a piques de entrar na promoción de ascenso a Segunda B na primeira delas. Na tempada 1992/93 adestrou por segunda vez ao CD As Pontes, co que acabou descendendo a Terceira.[11]

En novembro de 1993 púxose por cuarta vez á fronte do Racing de Ferrol, despois da destitución de Fernando Vázquez.[12] Colleu o equipo na oitava posición e deixouno ao remate da tempada na 13ª, momento no que presentou a súa dimisión.[13] Durante as súas catro etapas como adestrador no Racing converteuse no técnico que máis encontros oficiais dirixiu na historia do club, sendo superado xa no século XXI por Luis César Sampedro.[14] Na tempada 1994/95 dirixiu por segunda vez a SD Burela, na Terceira División, e aínda volveu por terceira vez en febreiro de 1996,[15] permanecendo tres meses á fronte do equipo, ao que non puido salvar do descenso á Rexional Preferente.[16]

En xaneiro de 2004 substituíu a Petete no banco do Xove Lago, na Terceira División, descendendo ao remate da tempada.[17] Comezou a seguinte tempada no club pero deixouno en outubro.[18]

PalmarésEditar

Real Murcia

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "José, jugador del Celta". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 1964. p. 4. 
  2. "José, un ferrolano titular del Español". La Voz de Galicia (en castelán). p. 8. 
  3. Lestón (29 de xullo de 1976). "José, nuevo entrenador del Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). p. 40. 
  4. ""Fueron dos reveses muy seguidos", lamenta el coruñés". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de marzo de 1977. p. 31. 
  5. ""No quiero ser un presidente de tercera"". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 1979. p. 35. 
  6. "José, entrenador del Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xuño de 1979. p. 37. 
  7. "José López Rodríguez nuevo entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 1982. p. 44. 
  8. "El Racing pide jugadores al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 1984. p. 40. 
  9. "José López entrenará al equipo la próxima temporada". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1987. p. 50. 
  10. "7-0: La escandalosa actuación arbitral ayudó para que el Racing perdiera la categoría en Leganés". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 1990. p. 25. 
  11. "Miro Alonso, al Burela". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xuño de 1992. p. 43. 
  12. "José: «Es ley de vida, duele mucho pero hay que seguir»". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de novembro de 1993. p. 52. 
  13. "José López dimite como técnico del Racing". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de abril de 1994. p. 51. 
  14. Elías, Carla (2 de outubro de 2019). "Tres entrenadores con huella propia en cien años de historia del Racing". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2021. 
  15. "José López entrenará al Burela hasta el final de temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 7 de febreiro de 1996. p. 41. 
  16. "José López se despidió ayer del banquillo del Burela". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 21 de maio de 1996. p. 45. 
  17. "La directiva del Xove destituye a Pepete e incorpora como sustituto a José López". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 27 de xaneiro de 2004. p. 12. 
  18. "El delegado del Xove dirigirá a la plantilla frente al Vilalbés". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 2 de outubro de 2004. p. 13. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar