Cheché Martín
José María Martín Rodríguez, máis coñecido como Cheché Martín, nado na Coruña o 25 de abril de 1924 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 2006, foi xogador de fútbol durante a década dos 50, na posición de defensa. Ó rematar a carreira como futbolista dedicouse á arte como pintor e tamén adestrou varios equipos.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1926 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 23 de xuño de 2006 (80 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,76 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1946 - 1959 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Joaquín Martín Martínez |
Traxectoria
editarEra fillo de Joaquín Martín, secretario do Concello da Coruña, e de Elvira Rodríguez, filla á súa vez do célebre Médico Rodríguez. En agosto de 1936 seu pai foi fusilado no Campo da Rata, a mans de militares do bando nacional, o que motivou que a familia emigrase a Buenos Aires, Arxentina. Alí comezou a súa carreira como futbolista que compaxinaba co traballo de debuxante sendo ilustrador na revista Austral e facendo caricaturas nos bares da cidade.
Iniciou a súa carreira no Banfield, pasando posteriormente polo Deportivo Vasco de Caracas e o Angers SCO, da cidade francesa de Angers.
Na tempada 1948–49 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Gabriel Andonegui e logo por Cuqui Bienzobas. Na súa primeira campaña participou en 19 partidos, quedando na 10ª posición da táboa. Na tempada 1949–50, adestrado por Alejandro Scopelli, xogou 24 partidos e anotou 2 goles, un na vitoria por 3-0 contra o Real Madrid e outro no derbi galego fronte ao Celta de Vigo. Esta campaña o Dépor quedou subcampión, cun punto menos que o líder, o Atlético de Madrid.
Na tempada 1950–51 fichou polo FC Barcelona, onde na súa primeira campaña participou en 21 encontros e conquistou o título de liga. Na tempada 1951–52 e adestrado por Ferdinand Daucik, xogou 22 partidos, logrando novamente o título de liga, ademais da Copa do Xeneralísimo, a Copa Latina e a Copa Eva Duarte. En xuño de 1952 debutou como internacional nun partido contra Irlanda. Na tempada 1952–53 xogou tan só 12 partidos, pero conseguindo novamente o título de liga, Copa do Xeneralísimo e Copa Eva Duarte.
Na tempada 1953–54 firmou polo Atlético de Madrid, onde na súa primeira campaña participou en 15 partidos e anotou un gol, e o equipo quedou na zona media da táboa. Na tempada 1954–55 xogou 23 encontros e anotou 2 goles, quedando novamente na zona media da clasificación. Na campaña 1955–56 participou en 30 partidos e anotou 1 gol. Ese ano o equipo quedou 5º clasificado.
Na tempada 1956–57 fichou polo Valencia CF, adestrado por Lluís Miró. Na súa primeira campaña no conxunto valencianista participou en 17 partidos e anotou un gol. Na tempada 1957–58 xogou tan só un encontro.
Selección nacional
editarCheché Martín xogou un único encontro coa selección española. Era un partido contra Irlanda o 1 de xuño de 1952, que rematou con vitoria española (6–0). Cheché xogou o encontro completo.
Adestrador
editarNa tempada 1968–69 adestrou o Deportivo da Coruña, en Primeira División, logrando quedar no 10º posto da táboa. Na campaña 1969–70 continuou no equipo coruñés, descendendo ao final do exercicio a Segunda División.
Na tempada 1970–71 foi contratado polo Real Zaragoza, onde tan só estivo 6 xornadas, sendo substituído por Domingo Balmanya. Ese ano o equipo aragonés descendeu a Segunda División como último clasificado.
Na tempada 1972–73 adestrou o Real Valladolid, en Segunda División. Logrou deixar o equipo no 5º posto, a 6 puntos dos postos de ascenso directo.
Na tempada 1974–75 fichou polo Recreativo de Huelva, no que estivo as 20 primeira xornadas. Foi destituído debido aos malos resultados (4 vitorias, 7 empates e 9 derrotas) e o seu substituto foi Pedro Eguiluz.
Na tempada 1975–76 volveu ao Deportivo da Coruña, substituíndo na xornada 33 a José Antonio Naya, quedando ao final da campaña a 5 puntos dos postos de ascenso directo a Primeira División. Na tempada 1976–77 empezou adestrando o Deportivo o arxentino Héctor Rial, ata q-ue deixou o posto por problemas de saúde, sendo substituído por Cheché Martín na xornada 14. Con todo, tamén este tivo que deixar o equipo por enfermidade, permanecendo só 14 xornadas e sendo substituído provisionalmente por José López, ata a chegada a falta de 6 partidos de Juan Arza. Martín colleu o Dépor no 11º posto e deixouno no 8º lugar no momento da súa marcha. Ese ano o equipo quedou en media táboa.
Palmarés
editar- Barcelona
- Copa do Xeneralísimo (3): 1951, 1952, 1952–53
- Liga de España (2): 1951–52, 1952–53
- Copa Latina (1): 1952
- Copa Eva Duarte (2): 1951-52, 1952–53
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Entrada "Martín Rodríguez, José María" do Dicionario biográfico de Galicia, T. 2, p. 279, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- Lezcano González, Arturo (2005). Cheché Martín, fútbol sobre lenzo. Santiago de Compostela: Edicións Lea. ISBN 84-95444-62-3.