Orlando Bloom

actor británico

Orlando Jonathan Blanchard Bloom é un actor nado o 13 de xaneiro do ano 1977 na vila de Canterbury.

Modelo:BiografíaOrlando Bloom

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Orlando Jonathan Blanchard Copeland Bloom Editar o valor en Wikidata
13 de xaneiro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Canterbury (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónBudismo de Nitiren (pt) Traducir e Soka Gakkai International (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónGuildhall School of Music and Drama (en) Traducir
St Edmund's School (en) Traducir
Fine Arts College (en) Traducir
British American Drama Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, modelo, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMiranda Kerr (2010–2013) Editar o valor en Wikidata
ParellaKaty Perry (2016–)
Nora Arnezeder (2014–2014)
Kate Bosworth (2002–2005) Editar o valor en Wikidata
FillosFlynn Bloom
 () Miranda Kerr
Daisy Dove Bloom
 () Katy Perry Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0089217 Allocine: 64908 Rottentomatoes: celebrity/orlando_bloom Allmovie: p301907 TCM: 364257 Metacritic: person/orlando-bloom TV.com: people/orlando-bloom IBDB: 494556
Facebook: orlandobloom Instagram: orlandobloom BNE: XX1136137 Musicbrainz: 17ad9182-28b5-4240-9d76-5a8f5ff04cb0 WikiTree: Bloom-558 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar
 
Orlando Bloom no 2005

Orlando Jonathan Blanchard Bloom naceu en Canterbury, Inglaterra. Podería dicirse que Orlando Bloom é actor grazas á súa nai: foi ela quen lles inculcou a el e á súa irmá a paixón polas artes cando eran pequenos. Animado por ela, Orlando empezou recitando poesía en festivais da súa localidade. E pouco despois, estando aínda no colexio, decidiu que quería dedicarse á interpretación.

Ós 16 anos trasladouse a Londres e uniuse ao National Youth Theatre, onde actuou durante dúas tempadas. Máis tarde conseguiu unha bolsa para estudar na British American Drama Academy. Durante aquel tempo acudiu a multitude de castings; iso permitiulle facerse con pequenos traballos na televisión británica e cun breve papel secundario en Wilde, película sobre a vida de Oscar Wilde coa que debutou na gran pantalla en 1997.

A súa carreira cinematográfica xa comezara, pero aínda así Bloom preferiu tomarse un tempo para ampliar a súa educación. Así que se inscribiu na Guildhall School of Music and Drama de Londres, unha prestixiosa escola pola que tamén pasou xente como Ewan McGregor ou Ben Chaplin.

Aínda estaba na escola cando lle xurdiu a posibilidade de presentarse ó casting de The lord of the rings, a triloxía que preparaba Peter Jackson sobre a obra de Tolkien. Bloom presentouse nun principio para o papel de Faramir, pero Jackson decidiu ficharlle finalmente para interpretar a Legolas.

Deste xeito, Orlando converteuse nun dos principais protagonistas das tres películas: A comunidade do Anel, As dúas torres e O retorno do rei. O grande éxito do proxecto logrou que o seu nome fixésese popular rapidamente e convertésese nunha das novas estrelas de Hollywood.

Tras participar no Señor dos Aneis, Orlando Bloom traballou noutros tres proxectos destacados: o aclamado filme bélico Black Hawk Down, de Ridley Scott; a película de aventuras Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl, un éxito de portelo que protagonizou xunto a Johnny Depp; e a superprodución épica Troia, xunto a Brad Pitt e Eric Bana.

Recentemente estreou Kingdom of Heaven, un filme épico que protagonizaba xunto a Liam Neeson e Eva Green, e Elizabethtown, unha comedia romántica na que compartiu cartel con Kirsten Dunst. Tras iso volveu envorcarse no proxecto de Piratas do Caribe, e nas súas dúas secuelas: Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest e a recentemente estreada Pirates of the Caribbean: At World's End.

Actualmente lígaselle amorosamente coa cantante estadounidense Katy Perry.

Filmografía

editar
Filmes
Ano Título Papel Notas
1997 Wilde Rentboy cameo
2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring Legolas
2001 Black Hawk Down Soldado Todd Blackburn
2002 The Lord of the Rings: The Two Towers Legolas
2003 Ned Kelly Joseph Byrne
2003 The Lord of the Rings: The Return of the King Legolas
2003 Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Will Turner
2004 The Calcium Kid Jimmy Connelly
2004 Troia Paris
2004 Haven Shy Tamén produtor
2005 Kingdom of Heaven Balian de Ibelin
2005 Elizabethtown Drew Baylor
2006 Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Will Turner
2006 Love and Other Disasters Hollywood Paolo Cameo
2006 The Armenian Genocide Auguste Berneau Documental
2007 Pirates of the Caribbean: At World's End Will Turner
2007 Everest: A Climb for Peace Narrador Documental
2009 New York, I Love You David
2010 Sympathy for Delicious The Stain
2010 Main Street Harris Parker
2011 The Good Doctor Dr Martin Ploeck Tamén produtor executivo
2011 The Three Musketeers Duque de Buckingham
2011 Maniac Home do cohe Cameo
2012 The Hobbit: An Unexpected Journey Legolas
2013 Zulu Brian Epkeen
2014 Romeo and Juliet Romeo
The Hobbit: The Battle of the Five Armies Legolas
2015 Digging for Fire En posprodución
Unlocked A filmar
Televisión
Ano Título Papel Notas
1994–96 Casualty Extra/Noel Harrison/Paciente 3 episodios
2000 Midsomer Murders Peter Drinkwater 1 episodio: "Judgement Day"
2006 Extras El mesmo 1 episodio

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar