Abrir o menú principal

Wilhelm Wien

físico alemán

Wilhelm Wien, nado en Fischhausen, Prusia Oriental, en 1864 e finado en Múnic en 1928, foi un físico alemán, Premio Nobel de Física en 1911.

Wilhelm Wien Premio Nobel
Wilhelm Wien 1911.jpg
Fotografía de 1911 cando recibiu o Premio Nobel de Física
Datos persoais
Wilhelm Carl Werner Otto Fritz Franz Wien
Nacemento13 de xaneiro de 1864
LugarFischhausen (Prusia Oriental)
Falecemento30 de agosto de 1928 (64 anos)
LugarAlemaña Múnic, Alemaña
SoterradoWaldfriedhof de Munique
ResidenciaAlemaña Alemaña
NacionalidadeAlemaña alemán
FillosKarl Wien
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Gotinga, Universidade de Múnic e Universidade Humboldt de Berlín
Director de teseHermann von Helmholtz
Contribucións e premios
Coñecido porCorpo negro
PremiosPremio Nobel de Física en 1911
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou en Göttingen, Heidelberg e Berlín. Profesor nas de Giessen, Würzburg e Múnic. Dedicouse sobre todo aos estudos de Termodinámica. O descubrimento da lei de radiación do calor (lei de Wien), fixo que se lle concedera o Premio Nobel de Física en 1911.